Romaric Forques e Natalia Castro gañadores do IX Tríatlon Concello do Porriño

As condicións meteorolóxicas, coa choiva ameazando con irromper e un vento que facía especialmente complicado o tramo no río, fixeron que este IX Tríatlon Concello do Porriño se convertera dunha das edicións máis dura ata o momento.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañado polo seu homólogo en Tui, Enrique Cabaleiro, e os concelleiros de deportes de ambos os dous concellos, foi o encargado de dar o bocinazo de saída, ao primeiro dos grupos na Comandancia Naval do Miño, ante un público entregado que animaba aos participantes. Tan só 10 minutos despois, saían as triatletas, que non tardaron en coller o ritmo dos seus compañeiros atopándose incluso nas augas do Miño. De seguido, o grupo popular que, como o resto dos participantes completaron os 750 m desta primeira etapa.

En total foron 170 triatletas, que de seguido, colleron a bicicleta e encararon os 20.22 km que separan a transición de Tui coa do Porriño, onde deixaron as bicis para comezar a última etapa, a carreira a pé. 5 km ata a meta instalada na praza Arquitecto Antonio Palacios.

Romaric Forques, gañador do IX Tríatlon Concello do Porriño

O primeiro en cruzar a meta foi Romaric Forques, triatleta do Cidade de Lugo Fluvial, que se anotou un brillante triunfo. Chegou en cabeza seguido do seu compañeiro de club, David González, que rematou a proba 4s despois. O podio masculino absoluto completao Xoel Rodríguez, do Club Deportivo Delikia que conseguiu un tempo de 0:56:48.

Natalia Castro culmina o tríatlon en 1:03:44

Na categoría feminina a vitoria foi para Natalia Castro, do Cidade de Lugo Flvial cun tempo de 1:03:44, seguida de Iria Fernández , do Club Tríatlon Vilalba, cun crono de 1:07:29 e Carla Guisande, de Club Tríatlon Diablillos en 1:08:41. A entrega de trofeos correu a cargo do alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e concelleiros e concelleiras do equipo de goberno. Todos coincidiron en eloxiar o tremendo esforzo e traballo dos/as participantes, así como destacar o labor dos voluntarios e colaboradores como a Policía Local e Protección Civil do Porriño, Policía Local e Protección Civil de Tui, Comandancia Naval do Miño.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos