Protocolo, normas de uso e enlaces para reservar pistas de tenis e pádel

Por terceira semana consecutiva lembramos que hai respectar as normas e protocolo para o uso das pistas de tenis e pádel. Limítase a 1 hora como máximo a reserva de cada pista . Para evitar aglomeracións o deportista deberá chegar 5 minutos antes da súa hora de entrada. O tempo máximo de reserva é de 1 hora por parellas, nonpor cada un dos xogadores. A reserva e abono do aluguer das pistas será de forma telemática, a través de enlace creado polo SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES, aplicándose as taxas expostas na Ordenanza Municipal de Prezos no caso das pistas de padel. Respecta en todo momento os horarios e pista asignada. Recolle a chave de acceso no polideportivo municipal. Os vestiarios e as duchas permanecerán pechadas. Tan só permanecerá aberto un aseo (WC) por sexo no polideportivo municipal, no mesmo só estará permitido o acceso a unha soa persoa á vez. Recoméndase o uso de bólas novas e palas propias. Aconséllase utilizar o menor número de pelotasposibles. Non está permitido cambiar de lado nos xogos impares.Reserva de pistas.Cada pista terá unha horaria/quenda de reserva, os cales poderanse visualizar através do seguinte enlace do SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES.Teléfonos de confirmación:661 53 61 59 / 670 66 52 29 / 638 07 13 18.Faga as súas consultas preferentemente porWhatsApp.Cando faga a solicitude CONFIRME TELEFONICAMENTE OU POR WHATSAPPENLACES PARA RESERVAS 

Luns 22 Xuño

Martes 23 Xuño

Mércores  24  Xuño

Xoves 25 Xuño

Venres 26 Xuño

https://forms.gle/fp9vSs8CFh5kRsig9

https://forms.gle/5Vtgyhj9xmFqVRN87

https://forms.gle/rc2P5Z7ZQmGN9CGh7

https://forms.gle/hydRsS6BaxjsYJN7A

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos