Preto dun centenar de persoas participaron xa nos cursos de capacitación dixital aplicada

90 persoas participaron ata o de agora nos cursos de capacitación dixital aplicada que se están a impartir no Porriño. Foron cinco as quendas desta actividade formativa na que o alumnado obtén información e alfabetización dixital, aprende sobre a creación de contidos e seguridade na rede.

A formación está centrada en contidos básicos para iniciarse no uso de teléfonos intelixentes e no ordenador, manexo do correo electrónico, distintas aplicacións de Google, organización e recuperación de información, xestión das citas médicas, e todo o preciso para relacionarse coa Administración a través da Sede Electrónica, xestionar impostos e adquirir coñecementos básicos de Big Data e Intelixencia Artificial.

Ademais, aprenden como crear contidos dixitais nos distintos formatos e entendendo a parte legal das licenzas e do Copyright.

Trátanse tamén aspectos de seguridade na rede, tanto en computadoras como nos teléfonos móbiles, ciberataques e como protexer a presenza nas redes, entre outros temas.

Os cursos retomaranse no mes de setembro e as persoas interesadas poden anotarse xa. Teñen unha duración de 30 h e están abertos a todas as persoas interesadas de maneira gratuíta. Impartiranse como ata o de agora de forma presencial nas instalacións de Porremprego en dous horarios, de mañá e de tarde, para facilitar o acceso a todas as persoas interesadas.

Haberá oito novas quendas, as primeiras delas darán comezo o 2 de setembro e rematará o 10 do mesmo mes. Os horarios serán de 9:30 a 13:50 h de mañá e de 16 a 20:20 h de tarde.

As prazas son limitadas e a inscrición pode facerse contactando directamente con Porremprego, ben presencialmente, chamando ao teléfono 986 33 82 17 ou enviando un correo electrónico a orientacion@porremprego.org, ou directamente no formulario do Curso de Ofimática e Capacitación Dixital. O curso está financiado cos fondos Next Generation da Unión Europea a través do Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática e no marco de Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos