Porriño (Santa María)

Santa María do Porriño é a parroquia máis pequena pero máis densamente poboada de todo o concello. Ademais do centro urbano, conta cunha zona rural.

A procedencia do seu nome é motivo de discusión desde hai anos, e non se sabe se deriva do cultivo de porros, da antiga cor das augas do Louro, da industria gandeira ou de Xan Porro, mesoneiro que estableceu o seu negocio na primeira metade do século XVI na zona de San Sebastián, hipótese lendaria aínda que de ningún xeito inadmisible.

 

No centro urbano atópanse os principais servizos do municipio, así como os monumentos de maior interese, como a casa do concello, a Botica Nova, a Fonte do Cristo, o Templete da Rede de San Luis, a Igrexa de Santa María e as capelas do Cristo, San Benito e San Sebastián, entre outros.

 

 

Na zona rural atopamos lugares de interese, como a capela da Virxe dos Milagres, no lugar do Carracido, e a área Recreativa da Risca, que ademais de merendeiro e fermosas vistas sobre a vila e o Val da Louriña, conta cun interesante exemplo de hórreo galego.

 

 

Barrios: Aviseiro, Carracido, A Carrola, Filgueira, A Gulpilleira, Malladoura, Pego, O Porriño, Ramiráns, A Risca, As Sequeiras.

Advocación: Santa María

Festas populares:

Festas de Entroido.

Cristo dos Cachos, primeiro domingo de maio.

San Bieito, 11 de xullo.

San Sebastián, terceiro domingo de agosto.

Romaria da Risca, segundo domingo de setembro.

Virxe dos Miragres de Carracido, primeiro domingo de setembro.

Festas do Cristo, primeiro luns seguinte ao cuarto domingo de setembro.

Festa dos Gallos, primeiro domingo de outubro.

porrino10-480x318.jpg
Santa María do Porriño.jpg
PORRINO. FONTE DO CRISTO Q55A5464.jpg
PORRINO. IGLESIA DE SANTA MARIA DE O PORRINO Q55A9092.jpg
PORRINO. PARQUE INFANTIL PRAZA DO CRISTO B46B0071.jpg
PORRINO. RUA MANUEL RODRIGUEZ Q55A2636.jpg
NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.