O Porriño renovará o asfaltado de varios viais do centro urbano e parroquias

O Porriño invertirá máis de 150.000 euros en renovar o asfalto de varios viais do centro urbano e das parroquias de Cans e Atios.

A concellería de Vías e Obras, que dirixe Ramón Porto, sacou a licitación os traballos de reposición do firme nas rúas Fernández Areal, Pego  e Fontevella e de viais en Cans, Roupeiro e As Cavadas. As empresas interesadas en executar estes traballos, que contan con financiación provincial, ao abeiro do Plan + Provincia 2024, xa poden presentar as súas ofertas. 

Asfaltando no centro urbano do Porriño

Na rúa Fernández Areal acometerase a reconstrución da capa de rodadura, “algo moi demandado pola veciñanza na actualidade o pavimento asfáltico atopase en mal estado de conservación e a súa degradación vese cada vez máis acelerada”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo. “Trátase dun vial cun importante tráfico rodado, xa que enlaza o centro da vila co Centro de Saúde, o pavillón municipal e outros servizos”, continuou, “Esta intervención esténdese aos camiños Fontevella e Pego”. A actuación conxunta abarca unha superficie de 570 m de lonxitude e un ancho medio de 6,5 metros, polo que a superficie de actuación abarcará os 3700 m.

Estas actuacións compoñen o primeiro lote dos traballos que conta cun orzamento base de 105.545 euros.

Asfaltado nas parroquias de Atios e Cans

Por outra banda, intervirase nas parroquias de Atios (Cavadas e Roupeiro) e Cans, onde se levarán tamén melloras do firme, que inclúen en algúns puntos ampliacións de calzada. obras por realizar consisten en la mejora del firme.  En As Cavadas repoñerase o firme nun tramo de 164 m, cunha superficie de de capa de rodadura de 767m²; no Roupeiro actuarase nun tramo de 224 m, previo fresado, e cunha superficie total de intervención de 1.581 ² e en Cans renovarase un tramo de 99 m, cunha superficie da capa de rodadura es de 374m². Será necesario ampliar 66m2 de calzada e a colocación de 31m de bordillo de formigón. Estes traballos contan cun orzamento base de 47.915  euros. “Son moi consciente da necesidade de levar a cabo reparacións en moitos viais do municipio, a falta de conservación e mantemento durante anos fixo estragos, pero chegaremos a todos e cada un deles. A mellora da rede viaria é un dos meus compromisos e seguirá a selo”, concluíu o rexedor.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos