O Porriño presenta a súa axenda urbana e rural para un desenvolvemento integrado, sostible e inclusivo

Logo dunha detallada diagnose levada a cabo nos últimos meses, que involucrou a responsables políticos, ao equipo técnico do Concello e a representantes das entidades sociais, económicas e ambientais do territorio, O Porriño presenta a súa Axenda Urbana e Rural. Trátase dun documento que se desenvolveu seguindo a metodoloxía da AU española e que pretende dar resposta aos retos e problemáticas identificados no municipio, co obxectivo de lograr un Porriño máis inclusivo, integrado, resiliente e sostible.

No acto de presentación participaron o alcalde, Alejandro Lorenzo, a Directora Xeral de Urbanismo, Mª Encarnación Rivas, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e Adolfo Neira e Antía Martínez,  técnicos de EOSA, a empresa encargada da redacción do documento. Estiveron presentes concelleiros e concelleiras da corporación municipal e representantes dos axentes sociais e económicos que participaron na súa elaboración.

Tal e como explicaron os técnicos, a Axenda Urbana e Rural do Porriño articúlase ao redor de cinco eixos estratéxicos, que á súa vez integran 19 liñas de actuación, 47 medidas e 132 proxectos ou accións piloto, a implementar no curto, medio e longo prazo.

Propostas na axenda urbana do Porriño

Entre as principais medidas e propostas inclúense a ampliación do espazo público no centro urbano do Porriño; a rexeneración urbana integral no núcleo urbano de Torneiros; ou a mellora ecolóxica e integración na trama urbana dos leitos fluviais do Porriño, así como a creación de núcleos de centralidade nos principais núcleos rurais; a consolidación da rede de saneamento e abastecemento do municipio, ou a posta en marcha do Foro Empresarial.

“A presentación desta Axenda Urbana marca un fito importante para O Porriño, xa que conforma unha folla de ruta para continuar impulsando a súa transformación e reflicte seu o compromiso con desenvolvemento sostible e unha xestión integral que considera tanto as necesidades dos núcleos urbanos como da contorna rural”, explicou Adolfo Neira.  O técnico destacou que “o Concello do Porriño ten un montón de proxectos xa feitos, algo moi importante e moi dificil de atopar, moitas destas liñas que deseñamos xa dispoñen de actuacións moi concretas, con proxectos ou anteproxectos feitos”, en definitiva, “esta Axenda non é unha carta aos Reis Magos, conta con proxectos concretos e cunha planificación exhaustiva que facilitará o acceso á vindeira convocatoria de Fondos Feder e a financiación por parte de outras administracións”.  Apelou á que o documento conte “coa implicación e apoio de todos os axentes implicados, xa que non é un plan dun equipo de Goberno, é o plan dun pobo”.

Pola súa banda, a Directora Xeral de Urbanismo, quixo incidir en dúas ideas. A primeira delas é que “o futuro dun país non se improvisa”. “É moi importante planificar o futuro, queremos estar preparados non tanto pensando en nós como nas vindeiras xeracións. Este territorio que nós herdamos debemos traspasalo aos que veñen en mellor estado e de maneira máis sutentable”, explicou, “Nese tentar de planificar o futuro temos un plan,  Galicia ten un plan e O Porriño ten un plan. Ata o de agora estaba definido de maneira xeral polas Directrices de Ordenación do Territorio, e esta nova figura das Axendas Urbanas é o instrumento aquelado para actualizala”.  E a segunda idea que quixo trasladar é a necesidade de establecer un “urbanismo co-responsable, aquel en que todos e cada un dos axentes que participamos facemos o que temos que facer. Non fan política so os políticos, política facemos todos”.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, destacou “a responsabilidade que temos todos e todas de debuxar para O Porriño ese horizonte máis amable, máis sostible e máis humano”. O rexedor incidiu na importancia de “non actuar con improvisación, senón en base a unha planificación responsable e consensuada. Só chegando cos deberes feitos podemos mellorar a calidade de vida e o desenvolvemento do noso pobo. Por iso nos últimos dous anos invertimos máis de 1 M de euros na redacción de proxectos e puxemos en marcha esta folla de ruta”. Lorenzo destacou que “todos eles forman parte desta planificación a medio e curto prazo que dará forma ao Porriño que queremos”. O alcalde agradeceu a enorme implicación da veciñanza na elaboración desta Axenda Urbana, a través das enquisas realizadas e tamén das asociacións que formaron parte das mesas.

Toda a información pode consultarse na web https://axendaurbanaoporrino.com/, onde se colgará para a súa consulta e descarga o documento íntegro.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos