O Porriño pon en marcha a nova senda ciclista e peonil do Louro

A transformación da contorna do Louro a materializarse. Ciclistas e peóns disfrutan xa do renovado paseo, un tramo de quilómetro e medio (1.460 metros exactamente) que cada día transitan centos de veciños, pequenos e maiores.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e o alcalde, Alejandro Lorenzo, inauguraron oficialmente a ruta, unha vez finalizadas as obras de acondicionamento que incluíron a instalación de alumeado público, con máis de 60 novos puntos de luz, e a mellora do pavimento habilitando un carril ciclista bidireccional e outro para peóns, eliminando o tráfico rodado.

Esta primeira fase do proxecto contou cunha inversión de 400.000 euros

A responsable autonómica de Infraestruturas quixo destacar que este proxecto é “froito da colaboración entre as dúas administracións, Concello do Porriño e Xunta, que a través do Plan Hurbe quere axudar ás administracións locais a financiar proxectos municipais que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza, a humanización e ao fomento da mobilidade sostible, como este do Porriño”. Martínez Allegue lembrou que as obras requeriron unha inversión de máis de 400.000 euros, cun 70% de fondos autonómicos e un 30% que asumiu a entidade local.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, quixo lembrar que o acondicionamento desta senda é a primeira fase dun proxecto máis amplo que pretende transformar a contorna do Louro nunha gran área verde lecer, con parques para os nenos e zonas de recreo. “Para isto xa iniciamos a compra de parcelas a particulares, trátase dunha superficie de máis de 100.000 m cadrados que abarca todos os terreos entre a vía do tren e a beira do río e que supoñerá unha inversión aproximada dun millón de euros”.

Máis zonas verdes e recreativas no Concello do Porriño

Con esta actuación O Porriño suma zonas verdes e recreativas. Está en marcha o gran espazo en pleno casco urbano que une as rúas Antonio Palacios e Pío XII e tamén a remodelación integral do antigo Campo da Feira. Ademais ten proxectadas tamén áreas de lecer e adecuación de espazos públicos nas diferentes parroquias.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos