O Porriño celebrará a noite de San Xoán con 16 fogueiras

O Concello de Porriño ten autorizadas 16 fogueiras para festexar a noite de San Xoán, o vindeiro domingo 23 de xuño. Unhas celebracións cheas de tradición e, tamén, de seguridade, para garantir unha velada coas menos incidencias posibles.

Os porriñeses e as porriñesas poderán dar a benvida ao solsticio de verán en calquera das 10 fogueiras organizadas por: a Asociación Cultural Pontellas, Asociación Comisión de Festas da Costeira de Mosende, Asociación San Juan de Chenlo, Asociación Veciños de Cans, Asociación Cultural As Mimosas de Carracido, Asociación Cultural A Forna de Budiño, Asociación de Festas San Benito Albarín e Asociación Cultural Os Penediños de Atios, e Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián no centro urbano do Porriño.

A estas fogueiras das asociacións súmanse outras seis de particulares cos permisos en orde por parte do Concello.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, invita a toda a veciñanza “a participar desta festa de benvida ao verán, con ledicia e sentidiño, para disfrutar nesa noite e nos días posteriores. Desde o Concello estamos traballando para previr riscos e actuar en caso dalgunha incidencia, pero está na man de todos que a celebración sexa, como sempre, divertida e segura”.

Medidas de seguridade para as fogueiras de San Xoán

É imprescindible que as fogueiras se fagan en lugares despexados, libres de arboreda ou cableado eléctrico ou telefónico, cun mínimo de 15 metros de distancia coas edificacións ou as árbores. A zona de combustión non poderá exceder os 4 metros de diámetro e os 2 metros de altura. Os e as participantes non poderán achegarse á zona de combustión, tendo que respectar unha distancia mínima co perímetro da fogueira equivalente ao diámetro da mesma.

O material utilizado para a queima deberá ser leña, polas, toros de árbores ou vellos materiais de madeira. E queda totalmente prohibido a combustión de plásticos, neumáticos, aceites, espumas de poliuretano ou calquera outra substancia que desprenda fume tóxico ao arder, ou sexa inflamable ou conteña gas a presión, como sprays, aínda que o bote esté baleiro.

Os solicitantes dos permisos serán os responsables da fogueira ata a súa extinción con auga, e non a poderán deixar desatendida en ningún momento, para evitar riscos. O concelleiro de Seguridade, Abel Estévez, recorda certas medidas de seguridade básicas para garantir unha noite coas menos incidencias posibles e na que “varias concellerías están implicadas, xa que, non soamente os servicios de seguridade, como a Policía Local ou Protección Civil, estarán coidando á veciñanza. Os traballos previos de desbroces, a colocación de contenedores, WC portátiles, iluminación para esa noite, ou os servizos extra de limpeza, son algúns exemplos da preparación, a celebración e os servizos posteriores que conlevan a noite de San Xoán”.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos