Plan de formación da Dirección Xeral de Xuventude 2026

A Dirección Xeral de Xuventude, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, pon en marcha o Plan de Formación 2026, que amplía a súa oferta con un total de 27 cursos dirixidos a profesionais, voluntariado e mocidade.

Plan de formación da Dirección Xeral de Xuventude 2026

A Dirección Xeral de Xuventude presenta o Plan de Formación 2026 con 1.920 prazas e novas áreas temáticas

A Dirección Xeral de Xuventude, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, pon en marcha o Plan de Formación 2026, que amplía a súa oferta con un total de 27 cursos dirixidos a profesionais, voluntariado e mocidade.

O programa inclúe 4 cursos presenciais, 19 en liña e 4 en modalidade mixta, sumando 1.920 prazas dispoñibles. A iniciativa comezou o pasado 16 de febreiro coa apertura da inscrición de cinco cursos en liña centrados no voluntariado ambiental interxeracional. A esta oferta inicial incorpóranse agora 12 cursos adicionais da área de voluntariado e 10 da área de xuventude.

Formación en voluntariado

Os cursos da área de voluntariado teñen como obxectivo proporcionar coñecementos esenciais tanto ao persoal técnico das entidades como ás persoas voluntarias. A programación aborda contidos de formación básica en voluntariado, voluntariado ambiental, uso da intelixencia artificial, educación emocional, habilidades sociais e apoio psicosocial.

Formación en xuventude

A área de xuventude ofrece accións formativas dirixidas a profesionais do lecer educativo e do tempo libre, persoal técnico que traballa con mocidade e á propia xuventude. Entre as temáticas destacan os deportes náuticos, a comunicación, a resolución de conflitos, a aplicación da IA, a inclusión no lecer e a formación das persoas delegadas de protección da infancia e da adolescencia.

Inscricións en dúas fases

Os formularios de inscrición —un por curso— estarán dispoñibles no campus en liña da web de Voluntariado (www.voluntariadogalego.org). Este ano, a matrícula abrirase en dúas fases diferenciadas:

·  Cursos de marzo a xuño: inscrición dispoñible desde as 09:00 h do luns 9 de marzo.

·  Cursos de setembro a decembro: inscrición activa desde as 09:00 h do luns 29 de xuño.

En ámbolos dous casos os formularios de inscrición estarán abertos ata completar as prazas ofertadas en cada un dos cursos.

Poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos interesadas en adquirir formación especializada en acción voluntaria ou asociacionismo xuvenil, segundo os requisitos específicos de cada curso. As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición.

Plan de formación anual da Dirección Xeral de Xuventude 2026

Área

Título

Número de Prazas

Horas

Lugar de realización

Modalidade

Datas de realización e horarios

Persoas destinatarias

Voluntariado

Voluntariado ambiental interxeracional nas accións fronte ao cambio climático

100

20

Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

En liña

Do 2 de marzo ao 2 de abril

Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI

Voluntariado

Voluntariado ambiental interxeracional na prevención de residuos (VAPIR)

100

25

Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

En liña

Do 16 de marzo ao 15 de abril

Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI

Voluntariado

Voluntariado ambiental interxeracional na loita contra os incendios forestais

100

20

Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

En liña

Do 23 de marzo ao 23 de abril

Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI

Xuventude

Comunicación efectiva e bo trato no tempo libre

50

20

Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego

En liña

Do 23 de marzo ao 13 de abril

Profesionais do ocio educativo e do tempo libre e persoal técnico que traballa coa mocidade

Xuventude

Formación para persoas delegadas de protección da infancia e da adolescencia no ámbito do tempo libre

25

24 (20 en liña+4 presencial)

Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego + Centro Don Bosco Santiago

Mixto

Do 6 ao 27 de abril
Sesión práctica a elixir entre:
Venres 5 de xuño
sábado 6 de xuño
Horario: de 10:00h a 14:00h

Profesionais do ocio educativo e do tempo libre e persoal técnico que traballa coa mocidade

Voluntariado

Aplicación da intelixencia artificial no ámbito do voluntariado

100

24

Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

En liña

Do 7 de abril ao 7 de maio

Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia

Voluntariado

Voluntariado ambiental interxeracional en ríos (VAIR)

100

25

Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

En liña

Do 15 de abril ao 15 de maio

Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI

Voluntariado

Voluntariado ambiental interxeracional na defensa do coidado do litoral

100

20

Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

En liña

Do 20 de abril ao 20 de maio

Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI

Xuventude

Iniciación aos deportes náuticos no eido do tempo libre: vela e windsurf

15

60

Albergue Xuvenil As Sinas

Presencial

30 de abril, 1, 2, 3, 8, 9 e 10 de maio
Xoves 30 de abril: 16.00-21.00
Venres 1, sábado 2 e domingo 3 de maio: 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00
Venres 8 de maio: 16.00-21.00
Sábado 9 e domingo 10 de maio: 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00

Mocidade de 18 a 30 anos e profesionais do ocio educativo e do tempo libre

Voluntariado

Actuacións do voluntariado na rexeneración de montes queimados

100

20

Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

En liña

Do 2 de maio ao 2 de xuño

Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia

Voluntariado

Educación emocional e xestión de conflitos nos grupos de voluntariado

100

25 (15 en liña+10 telepresencial)

Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

Mixto

Do 4 de maio ao 4 de xuño

Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia

Xuventude

Iniciación aos deportes náuticos no eido do tempo libre: caiac e paddlesurf

20

25

Albergue Xuvenil As Sinas

Presencial

8, 9 e 10 de maio
Venres 8 de maio: 16.00-21.00
Sábado 9 e domingo 10 de maio: 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00

Mocidade de 18 a 30 anos e profesionais do ocio educativo e do tempo libre

Xuventude

Formación para persoas delegadas de protección da infancia e da adolescencia no ámbito do tempo libre

25

24 (20 en liña+4 presencial)

Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego + Centro Don Bosco Santiago

Mixto

Do 11 de maio ao 1 de xuño
Sesión práctica a elixir entre:
Venres 5 de xuño
sábado 6 de xuño
Horario: de 10:00h a 14:00h

Profesionais do ocio educativo e do tempo libre e persoal técnico que traballa coa mocidade

Voluntariado

Curso de voluntariado. Nivel básico

100

20

Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

En liña

Do 18 de maio ao 18 de xuño

Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia

Voluntariado

Atención e apoio psicosocial no voluntariado

100

30

Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

En liña

Do 25 de maio ao 25 de xuño

Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia

Xuventude

Resolución de conflictos en grupos xuvenís

30

20

Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego

En liña

Do 1 ao 22 de xuño

Profesionais do ocio educativo e do tempo libre e persoal técnico que traballa coa mocidade

Voluntariado

O desenvolvemento de competencias socioemocionais na acción voluntaria

25

12

Centro Coordinador de Información Xuvenil- Santiago de Compostela

Presencial

Do 8 ao 11 de xuño De 16:30h a 19:30h

Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia

Xuventude

Oratoria. Como falar en público

25

20

Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego

En liña

Do 7 ao 28 de setembro

Mocidade de 16 a 30 anos

Voluntariado

A participación como factor clave no voluntariado: o desenvolvemento de procesos participativos dende a acción voluntaria

100

20

Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

En liña

Do 16 de setembro ao 16 de outubro

Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia

Voluntariado

Comunicación en lingua de signos española. Nivel básico A1.1

30

30

Plataforma de teleformación de FAXPG

En liña

Do 17 de setembro ao 22 de outubro

Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia

Voluntariado

Voluntariado en catástrofes e incidentes de múltiples vítimas

100

30

Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

En liña

Do 21 de setembro ao 21 de outubro

Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia

Xuventude

Intelixencia artificial ao xeito: emprego directo e práctico

50

20

Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego

En liña

Do 28 de setembro ao 19 de outubro

Mocidade de 16 a 30 anos e profesionais do ocio educativo e do tempo libre

Voluntariado

Diversidade e inclusión nos proxectos de voluntariado

100

25 (15 en liña+10 telepresencial)

Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

Mixto

Do 13 de outubro a 13 de novembro

Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia

Xuventude

Inclusión no lecer educativo. Recursos para a boa práctica

100

20

Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego

En liña

Do 19 de outubro ao 9 de novembro

Profesionais do ocio educativo e do tempo libre e persoal técnico que traballa coa mocidade

Voluntariado

Estratexias para a mellora do autoconcepto e o desenvolvemento das nosas habilidades sociais na acción voluntaria

100

20

Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

En liña

Do 23 de outubro ao 23 de novembro

Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia

Voluntariado

Curso de voluntariado. Nivel de especialización de carácter xenérico

100

20

Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

En liña

Do 16 de novembro ao 16 de decembro

Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia

Xuventude

Ferramentas de comunicación

25

3

Lugar por determinar

Presencial

Datas por determinar

Mocidade de 16 a 30 anos

Acceso ao campus en liña

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.