FOTO-7.jpg
O Porriño celebra a súas xornadas de reciclaxe falando do quinto contenedor
Con motivo da campaña para dar a coñecer a Lei de Residuos, o Concello do Porriño, organizará o próximo 1 de abril, a partir das 19.00 horas, unas xornadas de reciclaxe explicando en qué consiste o quinto contenedor: o marrón. Nesta sesión, os asistentes recibirán indicacións e os materiais necesarios para facilitar e cumplir coa súa reciclaxe.
FOTO-1-.jpg
O Porriño celebra o Día da Árbore no Paseo do Louo con máis de 170 alumnos e alumnas  
O pasado 21 de marzo celebrouse o Día da Árbore e para e para conmemoralo, este mércores 24 de marzo, Día do Clima, a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello e a Concellería de Educación, organizou unha actividade na que un total de 171 alumnos de cinco colexios diferentes puideron plantar árbores no Paseo do Louro.
FOTO-6.jpg
O Porriño solicita unha subvención para renovar o alumbrado público da urbanización de Torneiros
O Concello do Porriño vén de solicitar unha subvención de  32.000.00 euros para a sustitución das luminarias do alumeado público das zonas peonís existentes nas denominadas Fases I e IV da urbanización de Torneiros por luminarias LED co fin de acadar un aforro enerxético e unha mellora na seguridade do tráfico de vehículo e peóns.
FOTO-1-5.jpg
O Porriño celebra o Día da Auga con sete colexio e xogos para comprender o ciclo da auga
O pasado 22 de marzo foi o Día da Auga e con motivo deste, o Concello do Porriño, xunto coa Concellería de Educación, Igualdade e Normalización Lingüística, celebrou este luns 24 de marzo una xornada moi especial.
FOTO-5.jpg
Dúas novas parcelas completarán a ampliación do Parque Infantil con máis infraestructuras e espazos de lecer
O Concello do Porriño continúa avanzando na mellora e ampliación dos espazos públicos da vila coa adquisición de dúas novas parcelas situadas fronte ao parque infantil, preto do cemiterio municipal. Esta operación permitirá a creación de novas zonas de lecer e o reforzo da accesibilidade na contorna, enmarcándose na fase final dun proxecto integral de humanización e revitalización da zona.
PARTIDO-BALOMAN.jpg
O BM Porriño gaña en casa a ida da semifinal europea contra o HAZENA KYNZVART
Este domingo 23 de marzo o Pabellón Municipal do Porriño foi o escenario dun fito histórico. Por primeira vez o equipo Conservas Orbe Zendal BM Porriño disputou unha semifinal da EHF European Cup. Nesta primeira ocasión mediuse ao equipo checo HAZENA KYNZVART.
Foto-ganadores-masculinos.jpg
O Porriño celebra a Carreira 0P 10K máis rápida de Galicia con máis de 1.000 participantes
O deporte tuvo una cita moi especial no Porriño este domingo 23 de marzo. A Carreira OP 10K volveu correr nas rúas do centro urbano dunha cidade que se espertou ben cedo para dar a benvida a todos os runners locais e de fóra que se achegaron ata O Porriño para disputar estes dez quilómetros que comenzaron no xa emblemático templete da urbe.
FOTO-1-1.jpg
O complexo deportivo do Porriño contará con cuberta para as pistas de pádel e novos espazos axardinados
O complexo deportivo do Porriño someterase a un acondicionamento integral do seu entorno exterior cun investimento de 448.968,48 euros. O proxecto inclúe diversas intervencións no recinto para mellorar tanto a imaxe urbana como a funcionalidade das instalacións, cun enfoque na accesibilidade, a sustentabilidade e o confort dos usuarios.
Foto-.jpg
O Concello do Porriño concederá unha subvención de 10.000 euros ao Club de Balomán Porriño pola súa participación histórica en competición europea
O Pabellón de O Porriño será escenario dun momento histórico este domingo 23 de marzo. O equipo Conservas Orbe Zendal BM Porriño xogará, por primeira vez, unha semifinal da EHF European Cup. O encontro, que se disputará ás 19:00 horas, terá como rival ao equipo checo HAZENA KYNZVART.
FOTO-4.jpg
O Porriño impulsa o emprego local con 18 novas contratacións municipais
O Concello do Porriño vén de presentar a solicitude de subvención á Liña 3 do Plan de Obras e Servizos de Competencia Municipal da Deputación de Pontevedra co obxectivo de impulsar a activación do emprego local a través da contratación de persoal para distintos departamentos municipais. A iniciativa, enmarcada dentro do Plan máis Provincia 2025, busca ofrecer novas oportunidades laborais a persoas en situación de desemprego ao tempo que se reforzan os servizos municipais. Esta iniciativa permitirá crear 18 novos postos de traballo cun investimento total superior aos 282.000 euros, dos cales máis de 211.000 euros serán financiados pola Deputación.
FOTO-1-4.jpg
A cesteira Julia De la Cal reinterpreta a tradición artesanal no Porriño
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destacou hoxe a importancia da artesanía como elemento clave para o desenvolvemento económico e cultural do municipio durante a visita ao taller La Parabólica da deseñadora e cesteira Julia de la Cal. O rexedor acompañou ao conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, ao director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e á xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, nesta visita institucional que puxo en valor o talento local e o futuro do sector artesán.