O complexo deportivo do Porriño contará con cuberta para as pistas de pádel e novos espazos axardinados

O complexo deportivo do Porriño someterase a un acondicionamento integral do seu entorno exterior cun investimento de 448.968,48 euros. O proxecto inclúe diversas intervencións no recinto para mellorar tanto a imaxe urbana como a funcionalidade das instalacións, cun enfoque na accesibilidade, a sustentabilidade e o confort dos usuarios.

Entre as actuacións previstas atópase a mellora das zonas exteriores de aparcamento, que se reorganizarán para optimizar os espazos dispoñibles e mellorar a accesibilidade ao complexo. Tamén se renovarán os espazos axardinados existentes e crearán novas áreas verdes, favorecendo a mellora da estética do entorno e contribuíndo a un espazo máis sostible e agradable para a cidadanía.

Unha das intervencións máis destacadas do proxecto é a instalación dunha cuberta para as dúas pistas de pádel, que permitirá aumentar o seu uso ao longo de todo o ano, superando as limitacións que as condicións meteorolóxicas impoñen na actualidade. A nova estrutura, que será independente, cubrirá non só as pistas de xogo, senón tamén todas as áreas de circulación adxacentes, creando novas zonas de tránsito exteriores á pista. Esta intervención permitirá protexer en maior medida as zonas de xogo, ao tempo que integra o conxunto das pistas de pádel co complexo deportivo existente, converténdoas nun único elemento arquitectónico cunha serie de volumetrías diferenciadas.

Ademais, o proxecto inclúe a incorporación dun muro vexetal que mellorará a eficiencia enerxética da piscina do complexo, favorecendo unha maior sustentabilidade nas instalacións e promovendo o respecto polo medio ambiente.

O custo total da actuación ascende a 448.968,48 euros, dos cales 204.404,30 euros serán financiados pola Deputación de Pontevedra a través do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, mentres que o Concello do Porriño asumirá os 244.564,18 euros restantes con fondos propios. Este investimento forma parte dos máis de 2.400.000 euros que a Deputación de Pontevedra asignará ao Porriño en 2025 mediante diversos programas destinados a mellorar as infraestruturas e servizos do municipio.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, subliñou que este proxecto dá resposta a unha demanda histórica da veciñanza. "Con esta intervención, non só melloramos as infraestruturas deportivas do municipio, senón que tamén atendemos unha necesidade que se leva reclamando durante anos. A cuberta nas pistas de pádel e as melloras no entorno exterior permitirán un uso máis amplo e cómodo das instalacións, garantindo que sexan accesibles durante todo o ano", afirmou Lorenzo.

Por súa parte, o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, destacou que esta intervención mellorará as condicións de uso das instalacións e fará o complexo máis atractivo para a veciñanza. "A nova cuberta nas pistas de pádel permitirá que moitos usuarios poidan practicar este deporte en mellores condicións, sen depender das inclemencias do tempo. Tamén, a creación de novos espazos verdes e a mellora dos aparcadoiros farán do complexo un lugar máis funcional e agradable", afirmou Estévez.

As melloras que se levarán a cabo no complexo deportivo do Porriño supoñen un paso importante cara a unha maior integración das instalacións co entorno urbano, facendo que o complexo sexa máis moderno, funcional e adecuado ás necesidades da veciñanza.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria