O Porriño, 29 de xullo de 2025.– O Concello do Porriño porá en marcha nas vindeiras semanas unha serie de cursos de formación en Reanimación Cardiopulmonar (RCP) dirixidos á veciñanza, co obxectivo de mellorar a capacidade de resposta cidadá ante situacións de emerxencia sanitaria.
O Porriño, 28 de xullo de 2025.– O Pleno do Concello do Porriño vén de aprobar en sesión ordinaria, cos votos a favor do goberno local e os votos en contra do PSOE e BNG, o estudo de custos dun ambicioso proxecto de eficiencia enerxética, o paso previo imprescindible para iniciar o proceso de licitación. Trátase dunha iniciativa estratéxica cun investimento estimado de preto de 10 millóns de euros, que permitirá modernizar e optimizar a xestión das instalacións eléctricas municipais ao longo dos vindeiros 20 anos.
Centos de comensais se darán cita para saborear o cabrito ao espeto preparado segundo a receita de sempre, nun ambiente festivo marcado pola música, a convivencia e a identidade colectiva.
O Porriño, 25 de xullo de 2025.- O Concello do Porriño informa de que, no que vai de ano 2025, a Policía Local rexistrou un total de 22 detencións, consolidando así o seu labor constante e efectivo na protección da veciñanza. Esta cifra supón un notable volume de actuacións, achegándose xa ás 37 detencións contabilizadas durante todo o ano 2024.
Canteirá do Porriño Baloncesto Base desde os cinco anos, fixo historia co conxunto español ao impoñerse a Canadá por un axustado 70 a 68 no partido polo terceiro posto.
Foi dúas veces subcampioa de España de Ciclocross, quedou terceira no Campionato de Europa de 2023 e xa participou en tres campionatos europeos e un mundial nesta modalidade
O Porriño, 24 de xullo de 2025.– O Concello do Porriño consolida o seu papel como motor económico da provincia grazas ao impulso da actividade empresarial e á tramitación áxil de expedientes urbanísticos. Só no que vai de 2025, a Xunta de Goberno Local resolveu 62 expedientes de implantación ou modificación de actividades económicas, facilitando a apertura de novos negocios e a adaptación de locais en sectores como a restauración, o comercio, os servizos persoais e a pequena industria. Estas solicitudes abranguen desde restaurantes, locais de hostalaría ou tendas de roupa, ata salóns de peiteado ou pequenas industrias, permitindo iniciar ou modificar o uso dun espazo para o desenvolvemento dunha actividade económica.
Con nove títulos autonómicos en catro disciplinas distintas e catro medallas en campionatos de España entre 2020 e 2024, Laura Mirá é unha das ciclistas galegas máis destacadas da súa xeración, cunha traxectoria sólida e en constante proxección no panorama estatal e internacional.
O Porriño, 23 de xullo de 2025. – Os obradoiros dixitais para maiores de 65 anos organizados por Cruz Vermella coa colaboración do Concello do Porriño están a ter unha excelente acollida, con máis de 15 persoas inscritas nas primeiras sesións que se celebran no Centro Sociocomunitario.
O Concello habilitará diferentes canais de información e consulta para que tanto os grupos da corporación como a cidadanía poidan coñecer os detalles da proposta antes do deseño definitivo que se levará a pleno.
A intervención, cun orzamento total de 74.300 euros —dos cales 10.900 foron achegados con fondos propios e o resto a través do Plan +Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra—, permitiu mellorar elementos de xogo, renovar pavimentos e valados, e instalar nova sinalización e equipamento.