O Porriño inicia o proceso para aprobar, por primeira vez, escudo e bandeira oficiais

O Concello habilitará diferentes canais de información e consulta para que tanto os grupos da corporación como a cidadanía poidan coñecer os detalles da proposta antes do deseño definitivo que se levará a pleno.

O Porriño, 21 de xullo de 2025.- O Concello do Porriño comeza esta semana un proceso histórico co obxectivo de dotarse por primeira vez de escudo e bandeira municipais. O equipo de goberno convocou hoxe a comisión informativa na que se abordará esta proposta, que se celebrará o vindeiro mércores. O obxectivo é dar conta á corporación e á veciñanza do acordo adoptado pola Comisión de Heráldica de Galicia na súa sesión do 30 de xuño, e poñer á súa disposición os informes e as propostas correspondentes, garantindo así o coñecemento e a transparencia do proceso previo á súa aprobación definitiva en pleno, prevista inicialmente para finais de agosto.

O alcalde Alejandro Lorenzo cualificou este paso como “un fito para o noso concello, que por fin contará con símbolos oficiais que representen a súa identidade e a súa historia”. Segundo explicou, o escudo e a bandeira propostos foron deseñados tendo en conta elementos chave que definen O Porriño, baseándose nos estudos e informes realizados por Eduardo Pardo de Guevara, Vicepresidente e Asesor da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia así como no asesoramento levado a cabo polo historiador local Diego Giráldez.

A proposta recolle símbolos vencellados á historia, á economía e ao patrimonio do municipio. No escudo, mantense a ponte defendida como elemento central, coroada por unha torre que evoca a Casa Consistorial, obra emblemática do arquitecto Antonio Palacios Ramilo. Engádese un compás e unha chumbada de prata como homenaxe directa a Palacios, figura senlleira da nosa arquitectura. Dúas espigas de trigo de ouro fan referencia á tradición panadeira do Porriño, documentada desde o século XVI, mentres que unha roda dentada de prata representa o forte tecido industrial do concello, cunha presenza destacada dos sectores da automoción, construción, industria farmacéutica e as explotacións de granito.

O blasonamento proposto describe un campo azul sobre ondas de prata e azul, coa ponte e a torre de ouro no centro, flanqueadas polas espigas, o compás e a chumbada enriba e a roda dentada no centro do xefe. O escudo irá timbrado cunha coroa real pechada.

A bandeira deseñada garda coherencia co escudo e incorpora os mesmos elementos principais: fondo azul, torre amarela entre dúas espigas da mesma cor, compás, chumbada e roda dentada en branco na parte superior, e dúas franxas verticais ondadas de branco no lado do mastro, en alusión ao río Louro.

“O noso obxectivo é representar o que somos, o esencial da nosa historia e do noso presente. Non todo pode estar reflectido, pero si aquilo que nos define: a pedra, o pan, a industria, o río, a arquitectura...”, sinalou o alcalde. Alejandro Lorenzo tamén quixo subliñar que se trata dunha proposta inicial que se comparte co conxunto da corporación e da cidadanía para que todos coñezan en profundidade o seu contido. “Queremos que a veciñanza a faga súa, que se implique neste proceso simbólico para o Porriño”, engadiu.

O Concello habilitará diferentes canais de información e consulta para que tanto os grupos da corporación como a cidadanía poidan coñecer os detalles da proposta antes do deseño definitivo que se levará a pleno.

NOVAS / CONCELLO
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.