A Policía Local de O Porriño colaborou coa Garda Civil de Mos para frustrar esta madrugada un roubo no estanco de Mos acadando a detención dun individuo que estaba a forzar a entrada cunha palanqueta.
A alcaldesa Eva García firmou esta mañá a convocatoria do pleno ordinario deste mes de novembro que se vai celebrar o vindeiro mércores 27 ás 18 horas. A orde do día ten nove asuntos máis rogos e preguntas.
A infancia de O Porriño participou hoxe, a través de dez alumnos e alumnas de cinco centros docentes da vila, no VII Foro de Participación Infantil de Galicia que se celebrou Parlamento Autonómico.
Un grupo de mestres composteiros do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra impartiron hoxe ós vecinos e veciñas asistentes unha charla informativa sobre a compostaxe, previa a entrega dos composteiros entre os peticionarios. Os sesenta veciños que solicitaron composteiros estaban convocados este mediodía no Multiusos de Torneiros
A reparación das humidades no acceso principal ó Pavillón 1 do Polideportivo Municipal xa están prácticamente rematadas. En consecuencia, tamén pudo reabrirse o ximnasio sito debaixo que padecía filtracións e permaneceu pechado ata que consumaron as obras de reparación do acceso.
A Comisión Municipal de Economía e Fazenda informará mañán xoves (18,30 h.) o pago de facturas pendentes a pequenos e medianos proveedores do Concello por un importe global de 750.000 euros. Tratase de facturas correspondentes ós exercicios de 2017 e 2018 que se atopaban na partida 413 cuio desbloqueo acadou o goberno municipal por mayoría cos votos de PSOE, BNG, EU Son e Manuel Carrera. Consecuencia daquel acordo do pleno corporativo do pasado 30 de novembro, e previa comprobación polos diferentes departamentos e servicios municipais, agora levaráse o recoñecemento extraxudicial ó vindeiro pleno ordinario que se celebrará o mércores 27 de novembro.
Este serán a casa consistorial do concello de O Porriño quedou alumeada en cor azul como adhesión ó Día da Infancia, unha acción promovida pola UNICEF. O edificio do Concello permanecerá alumeado en azul ata as 23 horas. A alcaldesa Eva García e os cinco membros do goberno municipal coaligado asistiron ó encendido.
Cami Moreira, a nova concelleira de Igualdade fixo a súa estrea nun acto público como membro do goberno municipal, presidindo a actividade formativa de prevención contra as violencias sexuais para estudantes de O Porriño. O acto celebrouse no Círculo Recreativo e Cultural.Trátase dunha actividade concertada cos centros de ESO “Hermanos Quiroga”, “Ribeira do Louro”, “Pino Manso” e “Santo Tomás” promovida polo Concello de O Porriño a través da Concellería de Igualdade.
A alcaldesa Eva García presidiu esta mañá a primeira reunión de traballo dos seis concelleiros do goberno municipal de coalición formado por PSOE e BNG.
O martes 19 de novembro terá lugar o Festival de Santa Icía, na honra da patroa da música, actividade incluñida na programación cultural do Concello de O Porriño.
Este martes 19 de novembro terá lugar unha actividade concertada cos centros de ESO de O Porriño para a prevención das violencias sexuais. Será a partir das 10:00 horas no Círculo Recreativo e Cultural.
Pedro Pereira e Cami Moreira incorporanse esta semana de xeito efectivo ó goberno municipal de Porriño. Segundo o pacto de goberno de coalición que se firmou o pasado 15 de outubro, Pedro Pereira será o primeiro tenente de alcalde de xeito que Lourdes Moure, voceira socialista ocupará a segunda tenencia de alcaldía.