As imaxes que acompañan esta nova dan boa fe do exitazo que está a ter a recollida de alimentos que se realiza con motivo do #GivingTuesday e que continuará ata o vindeiro mércores día 11.
O Concello de O Porriño, a través da OMIX fai un chamamento para que todos aqueles porriñeses interesados en botar unha mán participen como voluntarios para a clasificación e reparto dos alimentos recollidos no #GivingTuesday
O local da Asociacion de Veciños de Atios foi a primeira quenda dos cursos de primeiros auxílios de nível básico que tamén impartense polas parroquias do Concello. Trátase dunha iniciativa que promove a Concellería de Seguridade e Educación que dirixe Lourdes Moure.
Ó redor de 70.000 tapas venderonse durante os cinco fins de semana que este ano ocupou o "Pinchorriño", segundo os cálculos da asociación comercial "ACIPOR", organizadora deste evento que acadou a súa decimocuarta edición.
O Concello de Mos anunciou que este venres 6 vai cortar á circulación durante seis horas a rotonda das Angustias. Ó parecer o motivo é o acendido do seu alumeado de Nadal. Entre as 16 e as 21 horas.
Mañán xoves día 5 a partir das 10 horas, abriráse o prazo de inscrición para o Campamento de Nadal para nenos e nenas de 5 a 12 anos que promove o Concello de O Porriño a través do Centro de Información á Muller (CIM).
O alumeado de Nadal inaugurado onte á noite no Porriño despregase en 200 arcos luminosos e 40.000 bombillas led de distintas cores, segundo datos aportados pola Concellería de Festas. A decoración elixida é de temática polar e despregouse por diversas rúas da cidade.
Lourdes Moure, concelleira de Educacion e Seguridade explicou ós alumnos e alumnas do IES “Ribeira do Louro” que o seu departamento “daría por ben empregado o tempo e o esforzo que estamos a poner na realización destes cursos de primeiros auxilios co que foses quén de salvar unha vida nunha situación de emerxencia”.
Noemí Fernández, a cantante porriñesa que representará a España no certame musical europeo “Tour Music Fest” que se vai celebrar en Roma o vindeiro sábado día 7, recibiu unha bandeira de máns do Concello que levará á capital italiana.
159 alumnos do Instituto de Ensino Secundario “Ribeira do Louro” reciben un curso de primeiros auxilios de nivel básico impartido por persoal do 061. Trátase dunha iniciativa formativa que promove o Concello de O Porriño, a través da Concellería de Seguridade e Educación que dirixe Lourdes Moure.
Centos de escolares dos centros educativos do municipio participaron hoxe nos actos reivindicativos do Día Mundial da Discapacidade que organizaron “Aceesca” a o Concello de O Porriño, a través da OMIX e varias concellerías.
A Concellería de Educación e a OMIX do Concello de O Porriño, arrancaron hoxe coa campaña “Alimentos para Todos” con motivo da iniciativa #GivingTuesday que fora polo consello municipal de infancia no último pleno infantil celebrado o pasado 15 de novembro na nosa vila.Trátase dunha iniciativa que nace como alternativa ao Black Friday ou o Cyber Monday, que promoven o consumismo. O #GivingTuesday é un movemento global que quere incentivar e multiplicar as boas accións das persoas.