IMG_2093.jpg
O Porriño vai ter Festas do Cristo "diferentes e seguras" neste 2020
O Porriño vai ter Festas do Cristo neste 2020 “pero serán completamente diferentes cun formato reducido pola obriga de observar os protocolos anti-covid e de coidar da nosa seguridade”, manifestou hoxe Eva García de la Torre coa ocasión da presentar o programa festivo.
centro-de-salud-de-porriño.jpg
A alcaldesa pide unha reunión ao novo conselleiro de Sanidade para tratar o proxecto de ampliación do Centro de Saúde
A Alcaldesa, Eva Garcia de la Torre, solicitou hoxe por carta unha reunión ao novo Conselleiro de Sanidade para abordar o estado do proxecto de ampliación do Centro de Saúde do Porriño. A alcaldesa lembra ao novo titular do departamento, Julio Garcia Comesaña que hai meses firmou co seu antecesor, Jesús Vázquez Almuiña o convenio para ampliación de dito centro de saúde. Eva Garcia traslada na misiva ao novo conselleiro a felicitación no nome de todos os porriñeses polo seu nomeamento. E a continuación, a alcaldesa expon a preocupación no nome dos porriñeses nos seguintes termos: “quero que sexas consciente do desfase que temos nun concello que xa ten superada os os 20.000 habitantes e que carece de infraestruturas sanitarias modernizadas coma as de concellos limítrofes Tui ou Salceda, onde a Xunta de Galicia foi quen de facer novos centros de saúde para servizo dos veciños”. A alcaldesa porriñesa pecha a súa carta solicitando “gustaríame poder expoñerte estas cuestións de forma persoal o día e a hora que consideres”.
Centro_civico.jpg
A Escola Municipal de Música abre a matrícula para o curso 2020/2021
Os días 15, 16, 17 e 18 de setembro, na sede da Escola Munici0pal de Música (no Centro Cívico), en horario de 16 a 21 horas, pódese formalizar a matrícula e reserva de horarios, segundo a preinscrición realizada no mes de xullo.As listaxes están expostas nas portas do Centro Cultural e da Escola Municipal de Música. Na formalización da matrícula cumpriranse as normas establecidas no protocolo anexo.O alumnado inscrito fóra de prazo poderá matricularse a partir do día 22 de setembro de 16 a 18 horas, sempre e cando queden prazas dispoñibles.A oferta da Escola Municipal de Música do Porriño é a que se indica:• Música e Movemento os 4 a 7 anos• Linguaxe Musical do nivel elemental e medio (entre outras materias) dende os 8 en adiante e sen límite de idade.• Especialidades instrumentais: violín, viola, violonchelo, guitarra, piano, canto, gaita, percusión tradicional, oboe, clarinete, saxofón, frauta traveseira, trompa, trompeta, bombardino, trombón, tuba e percusión sinfónica. • Agrupacións: Banda, Orquestra, Conxuntos de Música Tradicional e Corais de nenos e adultos.As clases comezarán no mes de outubro nas novas instalacións da Escola Municipal de Música no Edificio Multiusos de Torneiros.
IMG_1893.jpg
Nos viais de Torneiros que se pavimentaran PROHIBICIÓN DE ESTACIONAR E CIRCULAR DENDE AS CERO HORAS DO LUNS 7 E TODO O MARTES 8
A Policía Local sinalizou e vixiará o cumprimento da prohibición de estacionar e circular polos viais do polígono de vivendas de Torneiros que van ser pavimentados.A prohibición entra en vigor desde as cero horas do luns 7 e estará vixente tamén todo o martes 8.Estas restriccións producense co obxecto do asfaltado dos viais de acceso aos polígonos de vivendas números II, IV e V asi como no vial principal de acceso ao Multiusos de Torneiros.O Concello do Porriño acomete estes traballos para a mellora das comunicacións nesta parroquia, cun orzamento de aproximadamente 90.000 €.Dende a Concellería de Infraestructuras que dirixe Pedro Pereira solicitase á veciñanza a súa colaboración.
IMG_1878.jpg
Visita do concelleiro de Emprego a "Staroil", empresa colaboradora do programa "Porriño Accede"
Unha delegación do Concello do Porriño encabezada por David Alonso, concelleiro de Emprego realizou hoxe unha visita ás instalacións da estación de servizo da firma “Staroil” no polígono da Granxa. Pablo Val Rodríguez, responsable de dirección e operación de este grupo empresarial de orixe galega, explicou como están a medrar por todo o territorio nacional e expresou ao concelleiro Alonso Bargiela, o agradecemento de “Staroil” pola colaboración estreita co Concello do Porriño que agardan “aínda sexa maior”. Precisamente “Staroil” é unha das empresas colaboradoras co programa “Porriño Accede” de cursos de formación con prácticas. O obxectivo desta colaboración foi proporcionar a persoas en desemprego unha oportunidade laboral por medio da formación. “Staroil Porriño” participou no deseño da formación e na acollida de alumnos en prácticas, ofrecendo continuidade laboral a catro deles. “A empresa manifestounos que hai interese en dar continuidade a esta colaboración”, indicou o concelleiro de Emprego.“No que leva de ano, esta Concellería organizou tamén cursos de formación con prácticas en loxística e carretillas elevadoras, ademais de realizar talleres para a adquisición de técnicas para a busca de emprego, obradoiros de entrevista e formación en intelixencia emocional”, manifestou David Alonso. Tamén hoxe venres celebrouse no Multiusos de Torneiros, a entrega de diplomas, en colaboración coa Fundación Laboral da Construción, aos 16 alumnos que participaron no curso básico de Prevención de Riscos Laborais de 60 horas de duración máis o curso específico de oficio de 6 horas para postos de albanelería.
IMG_1885.jpg
A concelleira de Educación informou ás Anpas e grupos municipais dos preparativos para o regreso ás clases
Lourdes Moure, concelleira de Educación informou hoxe ás asociacións de nais e pais de alumnos da vila e aos representantes dos grupos municipais da corporación, dos preparativos para o regreso ás clases. Moure Varela trasladoulles os acordos que se adoptaron o pasado mércores, nunha reunión previa coas direccións dos colexios e institutos porriñeses. A concelleira lembrou ás “anpas” o compromiso acadado coas direccións dos centros docentes de que o Concello realizará con medios propios unha primeira desinfección intensiva das respectivas instalacións antes do inicio do curso en cada nivel, “aínda que non se trata dunha competencia propia do Concello”, recordou Lourdes Moure.Tamén Lourdes Moure garantiu ás anpas que trasladará á actual empresa encargada da limpeza dos centros docentes, o establecido pola Xunta de Galicia no protocolo anti-covid que determina dúas quendas de limpeza diarias dos baños e zonas comúns. Esta cobertura será posteriormente asumida pola empresa que resulte gañadora da licitación municipal actualmente en curso para cubrir este servizo.Por último, a concelleira informou ás “anpas” que segundo acordou cos directores, manteran nos centros os routers e tarxetas de conexión á Internet que o Concello contratou durante o estado de alarma para evitar a fenda dixital entre o alumnado. Agardarase ata comprobar como discorren as primeiras semanas do curso ecolar. Como novidade acordouse que as “anpas” pasen as súas inquedanzas ás direccións de cada centro para o primeiro día de clases pois a concelleira, xunto cos directores dos centros e a Policía Local prepararán a semana que ven un dispositivo de seguridade para os vindeiros días 10 e 11, cando comezarán Infantil, Primaria e Educación Especial. Ademais dos representantes das respectivas “anpas”, asistiron ao encontro, celebrado no salón de sesións cos necesarios protocolos anti-covid, as concelleiras Carolina Gónzalez, polo PP; Cami Moreira, polo BNG e Patricia Sío, de EU SON, que próximamente tomará posesión do seu escano na corporación. Disculpou a súa ausencia o concelleiro, Manuel Carrera da UDDL.
IMG_1893.jpg
O luns 7 comezan as obras de pavimentación de diversos viais en Torneiros
O vindeiro luns 7 comezarán as obras de pavimentación de diversos viais no polígono residencial de Torneiros, proxecto que acomete o Concello do Porriño para a mellora das comunicacións nesta parroquia.
B46B8432.jpg
O VENRES 4 COMEZA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA OPOSITAR POR 3 PRAZAS DE INTERINOS NO CONCELLO
A partir de mañá venres 4 de setembro, os interesados en participar na convocatoria para cubrir, en réxime de interinidade, tres prazas vacantes de auxiliar administrativo no Concello, poderán comezar a presentar as súas solicitudes. Hoxe, xoves 3, publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 179) o correspondente anuncio oficial do Concello do Porriño. Previamente, con data 20 de xullo, publicaronse no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO), ás bases reguladoras do proceso selectivo, polo sistema de oposición libre.O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde a data seguinte á da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, polo tanto, a contar desde mañá venres 4 de setembro.
Porremprego.jpg
O Porriño, por terceiro mes consecutivo, medra en emprego fronte á tendencia da área metropolitana. 186 persoas saíron das listas do SEPE neste Concello.
David Alonso, concelleiro de Emprego salientou hoxe nunha declaración oficial, que “O Porriño ven de acreditar en agosto, por terceiro mes consecutivo, un descenso do número de parados rexistrados o que confirma a boa labor de todo o tecido empresarial e industrial do noso  concello que é quen de superar o difícil escenario económico actual”.
Merchi-Sanchez-Chimpin-de-prata-de-Cans.jpg
A alcaldesa e os concelleiros de Turismo e Comercio asistirán en Cans á "Noite dos Veciños"
O XVII Festival de Cans adicará os actos programados para esta tarde aos veciños da parroquia, coa presenza da alcaldesa do Porriño, Eva García e os concelleiros, David Alonso e Sergio Casal, ambos nativos de Cans.Coa descuberta do traxe do Can -20 horas, na rotonda-, comezará o primeiro serán do Festival. Precederá á colocación da distinción, no Muro dos Chimpíns, coa que o Festival de Cans homeaxea este ano á veciña e enfermeira Merchi Sánchez -20.30 horas-. Con esta distinción, ponse en valor o traballo de Sánchez, quen ideou a creación, hai xa 8 anos, do servizo médico do Festival, Traballa coma voluntaria nun equipo que ela organiza e coordena cada ano sen aforrar esforzos nin compromiso.A homeaxe dará paso a unha das actividades desta edición do certame máis esperadas na aldea: a Noite dos Veciños coa presentación do documental A Canteira de Cans. Será no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río a partir das 21 horas. Coordinado polo artista porriñés, Juanma Lodo, do proxecto Cans 303, o documental recupera a memoria da canteira de Cans, un lugar esquecido do que non queda máis que un buraco no monte na zona coñecida como “A Pedreira”. Nel participan veciños e veciñas que contan o que recordan, o que saben, ou o que viviron, da antiga instalación.
PHOTO-2020-09-02-19-31-18.jpg
Rematou o curso de cociña creativa con productos locais no Multiusos de Torneiros
Os concelleiros de Emprego, David Alonso, e de Comercio, Sergio Casal asistiron esta tarde á sesión final do curso de Cociña Creativa con Productos Locais, impartido polo chef galego, Iván Méndez. Esta actividade formativa está integrada nos itinerarios “Coas mans na masa” que propón a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural que retomou a súa programación despois destes meses de forzosa paralización polo estado de alarma. O curso impartido no Multiusos de Torneiros para 15 persoas ligadas laboralmente ao mundo da hostalaría, rematou hoxe. O chef Iván Méndez amosou tres elaboracións moi suxerentes: pementos de Padrón recheos de fluído de queixo San Simón; cornete de bacallau con aire de tetilla, e cola de gambón, en crocante de kataifi e froito da paxión.
IMG_1787.jpg
A concelleira de Educación revisou coas direccións dos centros docentes, os protocolos para a volta ás clases
Lourdes Moure reuniuse hoxe cos directores de todos os centros docentes asentados no termo municipal cos que revisou os protocolos e preparativos para o regreso ás clases. A volta ás aulas comezará, de xeito escalonado, entre o vindeiro xoves 10 e o venres 11 para alumnos de Educación Infantil, Primaria e Educación Especial. Para os estudantes de ESO, FP e Bacharelato, a volta ás clases terá lugar entre os días 16, 17 e 18 deste mes.