Remataron as obras de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas nos lugares de Ladeira, As Cales e Vilar, na parroquia de Chenlo, segundo informa a Concellería de Infraestruturas que dirixe Pedro Pereira.
Finalmente son dez as comunidades de augas de consumo que acadaron subvencións do Concello do Porriño para realizar control sanitario, mantemento de instalacións e reparacións na rede de distribución durante este ano 2020.
A Concellería de Cultura do Concello do Porriño presentou hoxe a final do concurso “Batalla de Debuxantes IMPROVISDADO” que terá lugar o vindeiro sábado 19, ao abeiro da programación das Festas do Cristo 2020. A partir das 17 horas na praza Arquitecto Antonio Palacios, fronte ao Concello.
Dende o martes 15 e tamén os días 16, 17 e 18 de setembro, na sede da Escola Municipal de Música (no Centro Cívico), en horario de 16 a 21 horas, pódese formalizar a matrícula e reserva de horarios, segundo a preinscrición realizada no mes de xullo.As listaxes están expostas nas portas do Centro Cultural e da Escola Municipal de Música.Na formalización da matrícula cumpriranse as normas establecidas no protocolo anexo.O alumnado inscrito fóra de prazo poderá matricularse a partir do día 22 de setembro de 16 a 18 horas, sempre e cando queden prazas dispoñibles.A oferta da Escola Municipal de Música do Porriño é a que se indica:• Música e Movemento os 4 a 7 anos• Linguaxe Musical do nivel elemental e medio (entre outras materias) dende os 8 en adiante e sen límite de idade.• Especialidades instrumentais:violín, viola, violonchelo, guitarra, piano, canto, gaita, percusión tradicional, oboe, clarinete, saxofón, frauta traveseira, trompa, trompeta, bombardino, trombón, tuba e percusión sinfónica.• Agrupacións: Banda, Orquestra, Conxuntos de Música Tradicional e Corais de nenos e adultos.As clases comezarán no mes de outubro nas novas instalacións da Escola Municipal de Música no Edificio Multiusos de Torneiros.ANEXO CO PROTOCOLO PARA REALIZAR A MATRICULACIÓN– AS MATRÍCULAS REALIZARANSE EN INTERVALOS DE ENTRE 5 E 10 MINUTOS. ROGAMOS MÁXIMA PUNTUALIDADE. CADA ESTUDIANTE TEN A SÚA HORA DE MATRÍCULA, E UNHA VEZ PASE O SEU TURNO NON SE LLE PODERÁ ATENDER.– PREFERENTEMENTE ENTRARÁ A FORMALIZAR A MATRÍCULA UNHA ÚNICA PERSOA POR ESTUDIANTE. NO CASO DE FAMILIAS CON VARIOS MEMBROS, RECOMENDAMOS QUR SEXA UN ÚNICO REPRESENTANTE O QUE FOEMALICE A MATRÍCULA.– É OBRIGATORIO O USO DA MASCARILLA.– DEBERÁ FACERSE USO DO XEL HIDROALCOHÓLICO Á ENTRADA E SAÍDA DA ZONA DE MATRÍCULA. SE LIMPIARÁ E DESINFECTARÁ A ZONA DE MATRÍCULA ENTRE UNHA E OUTRA PERSOA.– MANTERASE UNHA DISTANCIA INTERPERSOAL DE AO MENOS 1’5 METROS EN TÓDOLO PROCESO DE MATRÍCULA, ASÍ COMO Á ENTRADA E SAÍDA DA ESCOLA.– AS PERSOAS RESPONSABLES DE MATRICULAR OS SEUS FILLOS E AS SÚAS FILLAS DEBERÁN TRAER CON ELES TODA A INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN NECESARIA, ASÍ COMO LÁPIZ OU BOLÍGRAFO PARA APUNTAR. ROGAMOS LEVEN VARIAS OPCIÓNS DE HORARIOS ANOTADAS PARA AXILIZAR O PROCESO DE MATRÍCULA.– NON SE PODERÁ PERMANECER NA ESCOLA MÁIS TEMPO DO INDISPENSABLE PARA REALIZAR A MATRÍCULA.
A plantilla da firma porriñesa “Maderas Iglesias” solicitou hoxe a Eva García de la Torre que inste unha reunión conxunta de alcaldes dos concellos afectados por la crise desta firma co conselleiro de Industria e vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde.
Cami Moreira, concelleira de Cultura asiste, en representación do Concello, ás II Xornadas de Memoria Histórica que se celebran hoxe venres e mañá sábado 12 en Pontevedra, organizadas pola Deputación de Pontevedra. Baixo o título "Na loita contra a impunidade", abranguen conferencias, coloquios e mesas redondas. A sesión matinal desenvolveuse no Pazo da Cultura e a sesión vespertina na Illa de San Simón.
O obradoiro “Coaching ontolóxico. Biodanza” que promove a Concellería de Igualdade do Concello do Porriño, estáse a desenvolver ao longo deste mes de setembro, dirixido a mulleres da vila en situación de especial vulnerabilidade co fin de contribuir na mellora da súa autoestima e crecemento persoal.
O Concello do Porriño trasladou hoxe ao Goberno Central a petición de que o tramo da estrada Nacional 120, entre Cans e a rotonda do Confurco sexa cedido á administración municipal.
Sergio Casal, conselleiro de Comercio e Juana Pérez, presidenta da asociación de comerciantes "Acipor" presentaron a XXIII edición da feira de oportunidades "Merca na rúa" que terá o vindeiro fin de semana. 26 stands (seis deles dobres) reunirán na rúa peonil, a diversa oferta de productos que propón esta nova edición de "Merca na rúa" que "será diferente coa ocasión dos protocolos anti-Covid que debemos observar", manifestou a presidenta da asociación organizadora."Este ano os postos de venda esarçan máis distanciados entre sí para observar os protocolos de seguridade e garantir a de todos os que desexen asistir", manifestou o concelleiro Casal.
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada da concelleira de Educación, Lourdes Moure acudiron esta mañá ao CEIP “Antonio Palacios” para comprobar in situ o desenvolvemento dos protocolos anti-covid no primeiro día de volta ás clases.
O Concello do Porriño amosa a súa “grave preocupación” pola escalada de accidentes laborais con saldo mortal que están a acontecer este ano en empresas radicadas neste termo municipal. Preto de media ducia de vítimas no que levamos de 2020, sumando o falecemento dun traballador dunha empresa de granito no polígono das Gándaras, ocorrido onte martes. Como nos casos anteriores, dende a Alcaldía, a súa titular, Eva García trasladou as condolencias do Concello por este doloroso suceso. Pola súa banda, David Alonso, concelleiro de Emprego expresou a inquedanza do goberno municipal por esta vaga de sinistros e lembrou que dende a administración municipal e a través de “Porremprego”, realízanse cursos de formación en seguridade e prevención de riscos laborais de xeito gratuíto. “Non obstante semella que cumpre reforzar eses programas de formación en estreita colaboración e coa implicación das empresas para poñer freo a esta sucesión de accidentes laborais”, manifestou o concelleiro de Emprego.
Axentes da Policía Local do Porriño verificarán a partir de mañá xoves e durante uns días que o acceso a todos os centros educativos sexa conforme aos protocolos anti-Covid e se faga coas debidas garantías de seguridade e de xeito ordenado. Tamén se efectuará a mesma vixilancia na saída dos escolares. Este foi o compromiso principal acadado pola concelleira de Educación, Lourdes Moure e polo Inspector Xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez na reunión que mantiveron cos directores dos centros educativos da vila.Nalgúns casos particulares, como son os colexios de Budiño e Atios, acordouse que o Concello reforce os accesos aos respectivos centros docentes con sinais verticais para evitar atrancos. A concelleira de Educación exhortou aos pais e nais de alumnos a que presten “a máxima colaboración posible para que esta volta ás clases sexa coa maior tranquilidade posible” e manifestoulles que o Concello “fará todo o posible e que estea nas nosas mans para garantir a seguridade dos nosos nenos e nenas”, dixou Lourdes Moure.