“Podemos felicitarnos todos de que o proxecto de soterramento do tren polo Porriño, coa eliminación dese paso a nivel anacrónico, vai ser moi cedo unha realidade”, afirmou hoxe o deputado Guillermo Meijón nunha reunión de traballo coa alcaldesa e concelleiros do goberno municipal.
A proxección da película galega "Trote", dirixida por Xacio Baño, que terá lugar este venres 27, no Centro Cultural Municipal, rematará a programación da Concellería de Igualdade coa ocasión do #25N Día Internacional contra a violencia de xénero.
O almacén do Banco de Alimentos "SOS Porriño" recibirá esta tarde unha achega de 4.500 quilos de produtos non perecedoiros, grazas á doazón de 5.000 euros realizada pola "Fundación La Caixa".Esta achega constitúe unha axuda moi importante para o Banco de Alimentos de cara ao reparto de decembro. Actualmente "SOS Porriño" está a distribuír lotes de alimentos entre 430 familias do municipio o que supón que unhas 1.300 persoas que son beneficiarias directas.
Na última semana producíronse no Porriño 33 novos contaxios pola Covid, fronte aos 46 ocorridos na semana anterior "o que indica o ritmo de infectados descende e polo tanto supón unha boa nova para este concello", valorou Eva Garcia de la Torre.
Hoxe 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia machista, toda a corporación municipal do Porriño, mediante este manifesto en conxunto, "comprometémonos a impulsar políticas, programas, proxectos que garanten o libre exercicio da autonomía das mulleres, desde que somos nenas, cunha educación que empodere e remate coa cultura do medo, para que cada muller do mundo poida desenvolver de forma libre, autónoma e sen violencia o seu proxecto vital".
Un segundo lote de axudas económicas directas por un importe de 24.990 euros adxudicáronse hoxe polo Concello a autónomos, pequenas e medianas empresas e micro empresas do Porriño que solicitaron acollerse á convocatoria realizada pola administración municipal.
A corporación municipal acordou cos votos do PSOE, EU SON e UDDL e as abstencións do BNG, esixir á Xunta de Galicia que "deixe de desprezar ao concello do Porriño e aos seus 20.000 habitantes nos Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma".
O Porriño e os doce restantes concellos que forman o Grupo de Desenvolvemento Rural "Eu Rural" publicaremos mañá 25N, nas redes sociais de cada municipio, un vídeo documental titulado ‘Deixar o pasado atrás’, que recolle os testemuños de superación das participantes nun obradoiro celebrado en Tomiño o pasado ano.
A corporación municipal celebrará este mércores sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de novembro que, de novo, será telemática, a partir das 18 horas. Dous asuntos destacan na orde do día. Un deles é a regulación das condicións xurídicas e económicas para arrendamento de terreos de titularidade municipal para explotacións mineiras. O concelleiro de Patrimonio Municipal, Pedro Pereira levará á consideración do pleno da corporación os pregos de condicións que a partir de agora rexerán esas adxudicacións.E o outro asunto sobranceiro do pleno é iniciar a licitación do novo contrato para a explotación da Piscina Municipal. A proposta do concelleiro de Deportes, David Alonso contempla un contrato por 3 anos, a razón de 545.000 euros anuais. Entre as condicións que se formularán no prego da licitación figuran a subrogación do persoal actual da piscina (máis de 20 traballadores). Asemade a empresa que resulte adxudicataria deberá asumir a prestación de clases de instrución e formación tanto na auga como no ximnasio da piscina.
A Comisión Municipal de Seguimento anti Covid celebrou hoxe reunión para avaliar os últimos datos no municipio e medidas a adoptar polo Concello. A alcaldesa, Eva Garcia presidiu a sesión telemática.
A exposición de fotografías “Todas as mulleres en todas as partes do mundo” na rúa peonil, un manifesto da corporación municipal e o alumeado en cor violeta da casa consistorial, serán os actos principais no Porriño coa ocasión do 25 N, Día Internacional contra a violencia machista.