A corporación municipal acorda esixir á Xunta que deixe de desprezar ao Porriño nos Orzamentos Xerais de Galicia

A corporación municipal acordou cos votos do PSOE, EU SON e UDDL e as abstencións do BNG, esixir á Xunta de Galicia que "deixe de desprezar ao concello do Porriño e aos seus 20.000 habitantes nos Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma".

O grupo municipal socialista presentou "in vocce" unha moción na sesión telemática que se celebrou hoxe, despois de ter coñecemento que no proxecto dos Orzamentos de Galicia 2021 "non aparece consignado nin un só euro para O Porriño". "Trátase dunha circunstancia que se repite dende hai seis anos", argumentaba a moción que presentou ao pleno corporativo o concelleiro socialista Sergio Casal.

Sobre este asunto, a alcaldesa Eva García de la Torre valorou como “indignante e impresentable” que os Orzamentos de Galicia para 2021 "cometan este desprezo cun dos concellos máis dinámicos da comunidade autónoma”.

A rexedora que lembrou as demandas máis importantes que ano tras ano O Porriño require á administración autonómica detívose no proxecto de ampliación do Centro de Saúde que non aparece consignado no proxecto orzamentario da Xunta. Eva García considera que “nos tomaron o pelo co anterior conselleiro de Sanidade facendo un convenio para construír esa infraestrutura sanitaria tan necesaria e seguimos igual”.

Por último, a alcaldesa emprazou a Alejandro Lorenzo, voceiro municipal e deputado provincial do Partido Popular, que “esixa á Xunta de Galicia que se comporte, que deixe de mirar a cor política de cada territorio para decidir o que inviste en cartos públicos que tamén pagamos os cidadás do Porriño”.

NOVAS / CONCELLO
CARTEL INFORMATIVO.jpg
O Porriño convértese no aliado das familias esta Semana Santa con campamentos e obradoiros
Ao campamento de Semana Santa súmase o obradoiro de programación e tecnoloxía
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.