edc8766a-f329-4414-9163-d49176e50793.jpg
A Aula da UNED do Porriño inaugura curso duplicando estudantes
O centro acolle 46 matrículas nos graos de Socioloxía, Traballo Social e Dereito e máis dun milleiro de participantes nas actividades de extensión universitaria, incluíndo o programa UNED Sénior
NP-NOVO-APARCAMENTO-PUBLICO.jpg
O Porriño contará cun novo aparcadoiro gratuíto de máis de 3.000 metros cadrados nas inmediacións das pistas de tenis
É xa o sexto espazo destas características no centro urbano e dará servizo, sobre todo, ás persoas que acudan ao centro de saúde, polideportivo municipal, xulgados e seguridade social
NP-VISITA-LONZA.jpg
Lonza consolídase no Porriño coa ampliación da zona loxística de última xeración e reafirma o seu compromiso coa innovación e o emprego
O alcalde Alejandro Lorenzo acompañou hoxe ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, nunha visita ás instalacións da multinacional biofarmacéutica no Porriño, única en España
NP-BIBLIOTECA-CEIP-ATIOS-2.jpg
O CEIP Plurilingüe de Atios reabre a súa biblioteca coincidindo co Día das Bibliotecas
O centro inicia unha nova etapa con proxectos que promoven a lectura, a creatividade e os valores de cooperación
NP-SAMAIN-2025.jpg
O Porriño vive o Samaín cun túnel do terror, exposición de cabazas e un espectáculo performance
Máis de 450 calacús feitos por escolares decorarán as rúas e comercios; o pavillón 2 converterase nun escenario de medo e diversión para nenos e maiores e Pablo Méndez protagonizará un desfile temático de Halloween
NP-ACONDICIONAMENTO-LAGOA-ORBENLLE-1.jpg
O Concello mellora a accesibilidade e posta en valor da lagoa de Orbenlle no espazo Rede Natura
O alcalde Alejandro Lorenzo visitou a zona tralos traballos de acondicionamento para o seu uso público realizados ao abeiro dos fondos Next Generation
NP-PROXECTOS-DEPUTACION-1.jpg
O Porriño presenta proxectos por valor de máis de 5 millóns de euros cofinanciados coa Deputación para os anos 2026 e 2027
Concello prevé actuacións en Torneiros, no velódromo municipal e nas parroquias, poñendo o foco na mellora das infraestruturas e servizos básicos
fegateatro.jpg
O ciclo Fegateatro do Porriño leva esta arte escénica polas parroquias
A Asociación as Mimosas de Carracido será a primeira das paradas, este sábado 25, ás 19.00 horas coa representación da obra “O Home que perdeu a inmortalidade” do grupo Ateaco
ruta-ciclista-domingo-26.jpg
O Concello celebra a tradicional ruta ciclista este domingo
A actividade con inicio e fin na Praza Arquitecto Antonio Palacios, está aberta a persoas de todas as idades e require inscrición previa
NP-CAMPANAS-RESIDUOS.jpg
O Concello presenta novas campañas de residuos cun plan integral que inclúe porta a porta, colectores específicos e educación ambiental
Durante os meses de outubro e novembro haberá accións sobre orgánica, aceite de cociña, téxtil e compostaxe, con seis persoas promotoras facendo visitas porta a porta entregando materiais e informando á veciñanza
IMG_6797.jpg
O alcalde Alejandro Lorenzo presenta a Axenda Urbana e Rural do Porriño no III Foro Urbano de España
O rexedor participa  na cidade da Coruña na mesa redonda “As Axendas Urbanas en Galicia” xunto con alcaldes doutras localidades, destacando aposta do Porriño por un desenvolvemento sostible e equilibrado entre o casco urbano e as parroquias, subliñando a importancia de traballar con anticipación para ter proxectos listos e optar con garantías a novas oportunidades de financiamento
WhatsApp-Image-2025-10-21-at-13.43.50.jpg
Tódalas parroquias do Porriño acollen a proxección das curtas premiadas no Festival de Cans
O Concello do Porriño e o Festival de Cans promoven dende esta fin de semana unha nova edición do ciclo Cinemaldea, cuxo obxectivo é levar as curtametraxes e o cine ás diferentes aldeas do municipio.