A Aula da UNED do Porriño inaugura curso duplicando estudantes

O centro acolle 46 matrículas nos graos de Socioloxía, Traballo Social e Dereito e máis dun milleiro de participantes nas actividades de extensión universitaria, incluíndo o programa UNED Sénior

O alcalde Alejandro Lorenzo destacou a consolidación desta aula como un referente fundamental para a formación, participación e desenvolvemento cultural e educativo, ofrecendo a posibilidade de cursar estudos universitarios sen saír do municipio

O Porriño, 25 de outubro de 2025.-  “A Aula Universitaria da UNED no Porriño é un exemplo de como a educación a distancia pode integrarse plenamente na vida dunha comunidade, permitindo o acceso á universidade sen necesidade de desprazamentos e contribuíndo ao enriquecemento formativo e cultural do noso concello”, explicaba esta mañá o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, durante ao acto inaugural do curso 2025-2026 da UNED no Porriño.

O evento celebrouse na sede localizada no Multicentro de Torneiros e contou coa presenza do director da UNED Pontevedra, Víctor Manuel González, que destacou que “a Aula continúa a consolidarse como punto de apoio académico e motor de dinamización cultural, adaptándose ás necesidades do alumnado e da comunidade local”.

O inicio deste curso académico na Aula Universitaria da UNED en O Porriño confirma a crecente demanda de formación a distancia, con 46 estudantes matriculados nos Graos de Socioloxía, Traballo Social e Dereito, fronte aos 27 que houbo no curso 2023-2024, o primeiro no que se impartiron graos. “Este incremento na matrícula non só reflicte a demanda crecente de formación superior accesible na nosa contorna, senón tamén a importancia de contar cunha infraestrutura educativa próxima, que facilita a compatibilidade entre os estudos universitarios e outras responsabilidades persoais ou laborais. Isto permite que o alumnado poida continuar a súa formación sen necesidade de desprazarse fóra da comarca”.

Actividades de extensión universitaria e UNED Sénior

Máis alá do ámbito académico, a aula leva a cabo unha ampla programación de actividades dirixidas a diversos perfís de estudantes, incluíndo cursos de idiomas, formación en habilidades comunicativas, benestar e desenvolvemento persoal, así como iniciativas culturais e sociais. Neste último ano lévanse impartindo 26 cursos e talleres dos que participaron un milleiro de persoas. “Unha cifra altísima se temos en conta as 150 inscricións rexistradas no arranque da Aula da UNED no Porriño, a finais do ano 2022, cando se organizaron as primeiras actividades de extensión universitaria”, subliñou o alcalde. Neste sentido, foise incrementando a oferta, a demanda e, consecuentemente, a participación, manténdose sempre aberta a matrícula a diferentes talleres, que se van organizando ao longo de todo o curso académico.

Ao longo deste curso, tamén se continúa coa realización do programa UNED Sénior, dirixido ás persoas maiores de 55 anos que desexan seguir aprendendo e participando activamente na vida cultural e educativa da súa contorna. Este programa, que fomenta o envellecemento activo, constitúe unha oportunidade única para mellorar as súas competencias e fortalecer a súa implicación na sociedade, á vez que promove a inclusión social e cultural das persoas maiores no contexto educativo. A implementación do programa UNED Sénior durante este curso reafirma o compromiso da UNED, unha institución aberta a todas as idades que brinda espazos de aprendizaxe e participación activa.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.