A Xunta de Galicia investirá 3 milóns de euros nos traballos de retirada e descontaminación dos residuos de lindano no viario principal do Contrasto, en Torneiros, unha obra que comezará este ano. Así llo trasladou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, ao alcalde Alejandro Lorenzo nunha reunión que mantiveron esta semana para abordar este e outros asuntos de interese para O Porriño.
O Porriño dará o pistoletazo de saída da proba deportiva que recuperará unha volta ciclista profesional en Galicia tras dúas décadas de suspenso, “O Gran Camiño”.
Un total de 24 mulleres de diferentes idades participaron hoxe na que foi a primeira quenda do ano do curso de defensa persoal feminina que organiza o Concello do Porriño, coa colaboración do Ministerio de Igualdade, o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e a Policía Local.
A concellería de Limpeza, que dirixe José Carlos González, lembra que a cidadanía do Porriño dispón dun servizo de recollida de voluminosos que require de citación previa, pois está prohibido deixar enseres na vía pública sen previo aviso.
O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño continúa a dar pasos para dar a coñecer o seu potencial turístico. As alcaldesas e alcaldes dos 14 concellos que abrangue o Xeodestino (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui) celebraron unha reunión este mércores 12 no Pazo de Mos para facer balance do último ano e quentar motores para participar por terceiro ano consecutivo na Feira Internacional de Turismo de Madrid, FITUR, un dos principais encontros do sector turístico de Europa.
A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta mañá as instalacións da Asociación de Apoio a Persoas con Diversidade Intelectual (ACEESCA) acompañada polo alcalde, Alejandro Lorenzo e o Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernándo González Abeijón.
O alumnado de 1º curso de bacharelato do IES Ribeira do Louro, en Torneiros, participou hoxe dunha charla informativa sobre agresións e violencia sexual.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, continúa coa rolda de xuntanzas coas asociacións veciñais e culturais do municipio. A última delas, foi con representantes da Asociación Cultural “A Forna” de Budiño, á que asistiu acompañado polos concelleiros Bienvenido Estévez e José Carlos González.
O goberno local que preside Alejandro Lorenzo anunciou hoxe que prescindirá de cinco vehículos -os de máis luxo e cilindrada- do parque municipal para aforrar "gastos innecesarios". Son o tres SEAT Ateca, o Mini Cooper e o Renault Megane que foron adscritos á Alcaldía, concelleiros do goberno municipal e á Policía Local.
Esta tarde ás 18,30 horas terá lugar na Biblioteca Municipal unha sesión de animación á lectura a cargo de Paula Carballeira, baixo o título "Un mes. Catro lúas. Unha sesión de contos".
O novo goberno municipal do Porriño afrontará o mércores día 12 o seu primeiro pleno corporativo, desde a investidura de Alejandro Lorenzo como rexedor, ocorrida o pasado 23 de decembro. Será sesión ordinaria, que comezará ás 18.00 horas e cunha orde do día composta por nove puntos. O alcalde Alejandro Lorenzo informará do nomeamento dos tenentes de alcalde e dos membros da xunta de goberno local.Adxuntamos documento en "pdf" coa orde do día