O Concello do Porriño, dende a Concellería de Educación e Normalización Lingüística que dirixe Carolina González, convoca o I Concurso Escolar de Carteis do Entroido no que se buscan as mellores ilustracións para promocionar as festas do Entroido do Porriño.
Os directores dos centros educativos do Porriño reuníronse onte coa concelleira de Educación, Carolina González, o alcalde, Alejandro Lorenzo, e persoal da OMIX para presentarse e establecer a folla de ruta das actividades para o alumnado a realizar neste último semestre do curso escolar.
O Concello do Porriño vén de presentar un plan de apoio á prestación de servizos municipais que permitirá a contratación de 43 persoas desempregadas que desenvolverán función nos diferentes departamentos municipais.
O Concello do Porriño traballa xa na elaboración das bases do Entroido 2022. A expensas da evolución da pandemia e tamén do protocolo específico comprometido pola Xunta de Galicia que permita determinar a data do desfile, o goberno municipal aclarou hoxe que o Entroido volverá este anos ás rúas do Porriño e xa se está organizando.
Dende a Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Antía Carrera, advertiuse hoxe que o Concello do Porriño actuará con contundencia ante os verquidos ilegais que se están a detectar no municipio.
Representantes da Asociación de Veciños Castelo de Cans trasladaron ao goberno municipal as necesidades da súa parroquia nunha reunión na que estiveron presentes o alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Asociacións, Parroquias e Cultura, Bienvenido Estévez.
O novo goberno municipal, presidido por Alejandro Lorenzo, recurrirá o ditame da Deputación de Pontevedra que desestima a achega ao Concello do Porriño ao abeiro do programa REACPON.
O Concello do Porriño, a través da concellería de Cultura que dirixe Bienvenido Estévez, está a xestionar a reorganización de horarios e espazos da sala de estudos para atender á demanda do colectivo de estudantes.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, iniciou hoxe a súa ronda de visitas aos centros educativos do municipio e o fixo na Escola de Educación Infantil de Mosende.
O Goberno Municipal do Porriño, que preside Alejandro Lorenzo, vén de poñer en marcha un plan de recuperación e acondicionamento do paseo do río Louro a fin de recuperar este espazo como a alternativa verde de lecer saudable.