Paola González, delegada española no Torneo de Exhibición de Balonmán Praia dos Xogos Olímpicos de París

París acollerá do 27 ao 29 de xullo o “IHF Beach Handball Showcase” no marco dos Xogos Olímpicos 2024 e, como non podía ser doutra forma, O Porriño estará presente. A porriñesa Paola González Casales foi designada pola Federación Internacional de Balonmán como delegada por España, marcando un novo fito na súa traxectoria deportiva e tamén na da vila na que deu os seus primeiros pasos nesta disciplina.

Paola comezou a xogar no BM Porriño aos 11 anos e,  pese que a deixou a pista anos despois cando marchou vivir fora de España, seguiu sempre moi vinculada a este deporte. No ano 2016 a EHF (Federación Europea de Balonmán) ofreceulle a oportunidade de sumarse como delegada federativa, convertendose na primeira galega delegada federativa en balonmán praia.

Unha responsabilidade que asumiu con entusiasmo e que foi o primeiro paso dunha traxectoria que hoxe a leva ata os xogos de París. “Durante todos estes anos combinei o balonmán co meu traballo, algo que en momentos non me resulta doado e que nalgunhas ocasións me levou a ter que renunciar a participar dalgúns eventos importantes, como o Global Tour que se vai celebrar en España”, explica.

Pese a todo, Paola logra conciliar como pode o seu traballo como Policía Nacional, coa súa vida familiar e a súa paixón polo balonmán. “O ano pasado estiven na final masculina absoluta do Campionato de Europa por Seleccións que se celebrou en Nazaré, Portugal, e  acabo de chegar do campionato de Europa sub16 que se disputou en Varna, Bulgaria, e do clasificatorio do Europeo Absoluto, onde tamén fixen a final senior masculina”.  A proba de que querer é poder.

Paola mostrouse moi agradecida coa Federación Internacional “por darme a oportunidade de participar neste Showcase” que pretende “que dunha vez por todas o Balonmán Praia pase a ser un deporte olímpico, xa que se xoga en moitísimos países e o nivel é cada vez máis e máis alto”.

O IHF Beach Handball Showcase é un esforzo de colaboración entre a IHF, o Comité Organizador dos Xogos Olímpicos oe Paralímpicos de París 2024 (COJOP2024), a Federación Francesa de Balonmano (FFHB) e o Comité Olímpico Internacional (COI). Pódese seguir a competición a través da canle de Youtube da Federación Internacional de Balonmano e das súas redes sociais.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria