Os nenos e nenas do Porriño aprenden hábitos saudables de alimentación xogando

Preto de 150 nenos e nenas do Porriño participan estes días na actividade "Coa comida si se xoga", impulsada polo Concello do Porriño a través da Concellería de Educación, que dirixe Carolina González, e a OMIX.

Este programa, no que participa o alumnado de educación infantil dos centros educativos do municipio, ten como obxectivo principal consolidar a adquisición de hábitos de vida saudables, en especial alimentarios, dende idades temperás e o fai mediante o xogo.

"A construción de rutinas, que posteriormente se converterán en hábitos, é esencial na etapa da Educación Infantil, xa que reporta enormes beneficios aos pequenos e pequenas, axudándoos no seu desenvolvemento integral e na formación da súa personalidade", apuntou a concelleira, "Entre estes hábitos están o de ter unha alimentación adecuada, a actividade física diaria, ou os correctos hábitos do sono e a hixiene. Para evitar a resistencia a eles, aconséllase comezar canto antes coa súa aprendizaxe e posta en práctica".

No mesmo sentido se expresou o alcalde, Alejandro Lorenzo, durante a súa visita á primeira xornada que se celebrou esta mañá no CEIP Cruz Budiño e na que puido comprobar de primeira man a implicación e interese dos pequenos. "Son especialmente receptivos e a través dos xogos que se lles propoñen coñecen os distintos tipos de alimentos e a súa frecuencia de consumo para ter unha alimentación variada ademais de coñecer a procedencia dos que máis coñecen", concluíu o rexedor, "Sen dúbida móstranse moi interesados no que están a aprender e iso é moi bo sinal".

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos