Os interesados en adquirir os vehículos retirados do parque móbil municipal, poderán comprobar o seu estado en visita con cita previa

O Concello do Porriño anuncia que as persoas interesadas en adquirir algún dos 26 vehículos do parque móbil municipal que se retiraron no outono pasado, poderán concertar cita previa para comprobar o estado dos mesmos. Os vehículos atópanse no Multiusos de Torneiros, onde poderán ser vistos polos interesados.

As visitas serán os vindeiros días martes 9 e xoves 11 de xuño, previa solicitude de cita previa á Policía Local no teléfono 986 33 5000, en horario de 9 a 14 horas. A partir de mañá mércores 3, no “Perfil do Contratante” do Concello do Porriño, os interesados poderán consultar as condicións para a presentación de plicas en sobre pechado no prazo que rematará o 19 de xuño.

Entre os 26 vehículos que formaban parte do parque móbil municipal, cunha antigüidade media de 20 anos que se retiraron, figuran un “Volvo 580” comprado polo Concello do Porriño e matriculado en 2002 (con Xosé Manuel Barros de alcalde) que sairá cun prezo de partida de 2.200 €.Hai diversas furgonetas C-15, Citroen Berlingo, Peugeot Partner con 23, 25 e 27 anos de uso. Tamén vehículos da Policía Local como un “Land Rover Freelander”, un “Nissan Almera” ou un “Peugeot 607” de 2.900 centímetros cúbicos, matriculado hai 17 anos que xa estaban fora de uso. O vehículo que sae cun prezo de partida máis alto é un “Ssangyong Action” valorado en 5.800 euros.

Os vellos vehículos foron retirados o 8 de outubro de 2019, data na que se entregaron os 25 novos que se incorporaron ao parque móbil municipal mediante unha operación de “renting”.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos