O vindeiro sábado terá lugar a presentación do Edificio “Praza de Ramiráns” que resolve unha conflictiva promoción inmobiliaria

Unha promoción inmobiliaria que quedou obstruída pola crise do ladrillo chega ó seu termo. O sábado 6 de xullo, ás 11 horas, terá lugar a presentación do edificio “Praza Ramiráns”, organizada pola firma "Copernicus"  que retomou o vello emprendemento de "Paseo Marítimo" que naufragou co estallido da burbulla do ladrillo.

Duas axencias inmobiliarias de Porriño "Inmonova" e "LM Inversións" teñen á venta os pisos de 2, 3 e 4 dormitorios con prezos dende 83.000 euros que os interesados poderán visitar o sábado con motivo dunha xornada de portas abertas entre as 10 horas e as 19 horas.

A promoción naceu no ano 2005 baixo o nome “Edificio Paseo Marítimo” pero despois de diversas peripecias, o proxecto quedou en vía morta. En 2009 paralizaronse as obras, en 2011 a promotora anterior entrou en liquidación e finalmente fixose cargo a SAREB (alcumado como “o banco malo”).

No ano 2017 “Copernicus”, un fondo de inversión, adquiriu o edificio e reanudou as obras deste inmoble con cinco andares e baixo cuberta que alberga 147 viviendas.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria