O vindeiro pleno municipal abordará o pago de 2,7 millóns de euros en facturas e a nova comisión de deslinde con Mos

Vinte asuntos conforman a orde do día do vindeiro pleno ordinario da Corporación Local de O Porriño que se celebrará o mércores 30 de novembro, a partires das 18 horas. Entre os asuntos que se levan a pleno municipal figura o pago de facturas a proveedores e por servizos por un importe global de preto de 2.700.000 euros.Por outra banda o pleno deberá elixir os representantes do Concello de O Porriño na nova comisión especial de deslinde co Concello de Mos. O PP non contestou ó requerimento de Secretaria nin realizou proposta alguna de xeito que os representantes de O Porriño serán Eva García (PSOE), Pedro Ocampo (EU Son), Pedro Pereira (BNG) e Manuel Carrera (UDDL), que deberán ser ratificados polo pleno corporativo.

Asuntos económicosO pago de débeda será asunto sobranceiro. A tal fin propónse a aprobación definitiva de dous créditos extraordinarios para aboar 1.738.000 euros de facturas da conta 413 e para pagar 473.000 euros para facturas que xa contan con sentencias xudiciais favorables.Ademáis propónse para aprobación inicial, un crédito extraordinario por importe de 468.000 euros para satisfacer a débeda con “Eulen” pola prestación de servizos na piscina municipal.Asimesmo levanse a pleno a ratificación definitiva da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello do Porriño que xa fora aprobada inicialmente en maio polo pleno municipal. E tamén vai a ratificación da partida orzamentaria para os salarios dos membros do goberno municipal (modificación da base 27 dos orzamentos do Concello). Precisamente nesta sesión tomará posesión do seu escano, a nova concelleira do BNG, Cami Moreira.

Adxudicacións e mociónsTamén se leva a aprobación os costes do servizo de recollida de lixo así como do Punto Limpo do Concello do Porriño. Tamén a ratificación da adxudicación do servizo de limpeza viaria á firma “Ascan”. E asimismo vai a adxudicación do servizo de axuda no fogar (SAF).Finalmente van cinco mocións. Entre elas o grupo EU Son pide unha revisión da operación de renting de renovación do parque móbil municipal. E o PP pide un incremento de partidas orzamentarias para clubs deportivos.

Adxuntamos a orde do día con todos os asuntos 

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos