O Porriño terá as súas letras en granito Rosa Porriño no centro da vila

Un novo conxunto escultórico simbolizará o orgullo e a identidade porriñesa na rúa Antonio Palacios, “un símbolo feito da nosa propia pedra

Son once elementos, que suman un peso de oito toneladas e media, expostos nunha distancia de máis de oito metros con iluminación incorporada

O Porriño, 15 de novembro de 2025.- O Concello do Porriño anuncia a instalación do conxunto escultórico “Letras O Porriño”, unha nova obra en granito Rosa Porriño, a emblemática pedra que leva o nome da vila por todo o mundo. O novo símbolo de identidade situarase na rúa Antonio Palacios, converténdose nun punto de referencia visual e emocional para veciños e visitantes.

O conxunto está composto por oito letras e tres “sombreretes”, elaborados a partir dun planchón de granito Rosa Porriño de 37 centímetros de espesor. As pezas, que pesan en total arredor de 8.500 quilos, presentan un acabado abuxardado e ranurado bidireccional na fachada principal, mentres que a parte posterior combina un areado con ranurado unidireccional, poñendo en valor o traballo artesanal e a textura natural da pedra.

O deseño parte da imaxe corporativa oficial do Concello do Porriño, e cada letra foi creada con precisión artesanal, destacando o “O”, a máis grande, de 1,97 metros de alto por 1,68 de ancho, e o “I”, a máis pequena, de 1,10 metros por 0,26 metros, cun desenvolvemento total de 8,26 metros de longo.Os “sombreretes” en granito serán ancorados mediante pletinas de aceiro inoxidable de 10 mm de espesor, e o conxunto contará cunha iluminación lineal empotrada no pavimento, de 8 metros, que realzará o volume e a cor do granito durante a noite.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, salientou que esta intervención “é moito máis que un elemento ornamental: é un símbolo do noso orgullo porriñés, unha homenaxe á nosa pedra e á nosa xente traballadora”. Engadiu que “o granito Rosa Porriño é o noso embaixador no mundo e agora tamén será o material co que damos a benvida a todos os que chegan á vila”.

Coa instalación destas letras, O Porriño únese ás grandes cidades e vilas que contan con esculturas identificativas, pero faino con materiais propios e identidade local, convertendo o granito Rosa Porriño en protagonista dunha peza que une arte, tradición e sentimento de pertenza.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.