O Porriño pon a punto os colexios para o inicio do curso escolar

O Concello executa traballos de mantemento e reparación nas instalacións de seis centros educativos

O Porriño, 19 de agosto de 2025.– Ás portas do inicio dun novo curso escolar, o Concello do Porriño ultima os preparativos de posta a punto das instalacións dos diferentes colexios públicos do municipio. Así, estanse a levar a cabo diversos traballos de mantemento e mellora dos CEIP´s Fernández López, Atios, Budiño, Antonio Palacios e Ribeira e da Escola Unitaria de Mosende.

que comprenden diversas reparacións que abranguen dende as superficies de pavillóns e ximnasios, a persianas, aseos, tellados e redes que bordean os patios. Tamén se están lavando e pintando os muros exteriores e fachadas.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destacou que "o mantemento e a mellora das infraestruturas escolares é unha prioridade para este goberno, pois entendemos que un bo ambiente escolar é fundamental para o benestar dos nosos nenos e nenas, así como para a calidade educativa. Non só se trata de mellorar a estética dos colexios, senón de garantir a súa seguridade e funcionalidade".

Todos estes labores de mellora das instalacións estarán rematadas para o inicio do comezo do curso, “así todos os centros estarán listos para antes do inicio das clases o vindeiro 8 de setembro. Queremos que os estudantes e o profesorado poidan empezar o curso nun ambiente renovado e seguro, que lles permita concentrarse no máis importante: a súa educación", explicou o rexedor local.  Non obstante, “temos programadas algunhas intervencións a maiores a executar ao longo do curso para seguir mellorando e dar resposta ás demandas que nos van trasladando dende os propios centros, como é o caso do acondicionamento dun patio de recreo na zona de Primaria no CPI da Ribeira”, puntualiza.

As melloras realizadas nas instalacións escolares do Porriño son unha mostra do compromiso do Concello co benestar e a calidade educativa da comunidade. Ao investir na reparación e acondicionamento das infraestruturas, non só se garante un espazo seguro e agradable para o alumnado, senón que tamén se fomenta un ambiente que favoreza a aprendizaxe e a motivación

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.