O Porriño licita o desbroce e limpeza das parroquias

O Concello do Porriño vén de sacar a licitación o contrato de desbroces, limpeza e reperfilado de beiravías de todas as parroquias do municipio. Este servizo víñase prestando con contratacións puntuais que non permitían a correcta prestación do servizo e, durante anos se fixo sen contrato nin fiscalización algunha, o que foi obxecto de apertura de causa xudicial que a día de hoxe permanece en fase de instrucción. 

Ata este momento, tan só o centro urbano e os polígonos residenciais de Torneiros tiñan o servizo contratado, polo que no resto do termo municipal era imposible manter as zonas rurais en bo estado. 

O contrato dará cobertura á roza e limpeza de maleza en camiños municipais, corte de todo tipo de vexetación, poda de árbores ata unha altura máxima de 3 metros e limpeza de caños, arquetas etc, entre outros. 

A duración do servizo a licitar é de 2 anos, prorrogable 2 máis, e conta cun orzamento total para os 4 nos de 1.335.446 euros.

"Ata o de agora este servizo non estaba a prestarse correctamente", explico o alcalde, Alejandro Lorenzo, "Ao non estar regularizado ou se contrataba a maiores ou se executaba con persoal municipal, algo que resulta insuficiente dada a extensión rural do Porriño e a necesidade de limpar de maneira continuada para manter estas zonas en boas condicións". O rexedor concluíu afirmando que "a regularización de toda a contratación do Concello é un traballo complexo e duro, pero tal e como defendín sempre, é esencial para poder prestar ben os servizos aos que a cidadanía ten dereito e tamén para garantizar a correcta utilización dos fondos públicos". 

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos