O Porriño inicia a reforma da que será a única sala de cine da comarca

O espazo ten capacidade para 170 persoas, con equipamento audiovisual en 4K e son envolvente. Esta actuación conta cun orzamento que supera os 250.000 euros ao abeiro do Plan +Provincia

O Porriño, 10 de xaneiro de 2026. – O Concello do Porriño iniciou esta semana os traballos de reforma interior do que será o único cine municipal da comarca, e que se atopa no Centro Cultural, un proxecto pioneiro en Galicia que abrirá as súas portas ao longo deste ano. 

A reforma, cun orzamento de 251.739,60 euros financiado pola Deputación de Pontevedra a través do Plan +Provincia, suporá unha transformación integral da planta baixa do edificio, adaptando os espazos de auditorio, escenario e camerinos para acoller unha sala versátil, moderna e tecnolóxicamente avanzada, coa capacidade para 170 butacas.

Segundo o alcalde, Alejandro Lorenzo, “esta nova sala permitirá gozar do cine no Porriño sen ter que desprazarse fóra do municipio, algo moi demandado, especialmente pola veciñanza máis nova. É un proxecto que combina cultura, innovación e dinamismo económico, colocando á nosa vila no mapa cultural de Galicia”.

O proxecto inclúe a redistribución dos espazos, eliminando o escenario elevado e os camerinos traseiros; a mellora acústica e estética das paredes mediante trasdosado con illamento e acabado en madeira; a renovación das butacas para adaptar a sala a diferentes usos, desde proxeccións cinematográficas ata conferencias e charlas; e novas instalacións de iluminación e son, aproveitando a climatización existente.

O equipamento audiovisual xa foi adquirido, cun investimento de preto de 100.000 euros subvencionado pola AGADIC da Xunta de Galicia. “Esta nova sala disporá dun sistema de proxección en 4K Ultra Alta Definición, pantalla profesional de 5x3 metros con sistema de tiro directo, servidor con capacidade de 16TB e un avanzado sistema de son envolvente, que permitirá exhibir estreas de cine e ofrecer unha experiencia cinematográfica de primeiro nivel”, apunta o rexedor. 

A duración estimada das obras é de seis meses, e o proxecto permitirá que a sala se converta nun espazo multifuncional, apto para proxeccións, conferencias e actividades culturais, dinamizando o centro cultural e o tecido económico e social do Porriño.

“É unha gran noticia para a veciñanza e tamén para atraer visitantes doutros municipios. Estamos moi orgullosos de iniciar estas obras, que cumpren un soño histórico da veciñanza e consolidan ao Porriño como un referente cultural na comarca”, conclúe o alcalde Alejandro Lorenzo.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.