O Porriño difunde unha historia de compromiso real coa sociedade

O libro “Ramón González e Corona González Santos: Un matrimonio de filántropos”, de Celia Castro, presentouse hoxe no Concello porriñés como un vínculo profundo entre dúas vilas irmáns: O Porriño e Ribadeo

A obra homenaxea a estas dúas figuras xenerosas con ambos pobos, que contribuíron ao seu desenvolvemento, deixando neles un gran legado

O Porriño, 17 de setembro de 2025.- Ramón González e Corona González Santos: un matrimonio de filántropos”, é o título da obra que afonda na vida e legado de dúas figuras clave na historia recente do Porriño e de Ribadeo e que foi presentado hoxe na casa consistorial porriñesa. Durante o acto, o alcalde Alejandro Lorenzo destacou que “non só presentamos un libro, senón que reivindicamos unha historia compartida, un vínculo profundo entre dúas vilas que xa son irmás. Ramón e Corona nunca buscaron protagonismo, pero hoxe, con este libro, devolvémoslles a visibilidade que merecen”. Pola súa banda, o seu homólogo ribadense, Daniel Vega subliñou a importancia de seguir fortalecendo os lazos institucionais e culturais que unen ambos concellos, promovendo actuacións para homenaxear a figuras como don Ramón e dona Corona que foron clave para o desenvolvemento das nosas vilas, destacando  o seu labor altruísta.

A obra, escrita por Celia Castro, recupera a memoria de Ramón González e da súa esposa, Corona González Santos, un matrimonio que destacou polo seu compromiso social e a súa xenerosidade tanto co pobo do Porriño como co de Ribadeo. A autora, que contou como se coñeceron, “na estación de tren do Porriño dun xeito fortuíto, foi un frechazo e casaron os poucos meses”, agradeceu a acollida e puxo en valor a importancia de conservar e transmitir exemplos de filantropía coma o de don Ramón e dona Corona. A escritora, que coñeceu persoalmente a dona Corona, lembrou que “ambos axudaron na época de fame, aos damnificados da gripe do 18, ás viúvas de náufragos... todo isto a maiores dos feitos materiais, de financiación para a construción de edificios, como este no que nos atopamos, deseñado polo seu amigo Antonio Palacios”.

Alejandro Lorenzo incidiu na gran pegada que deixou Ramón González e tamén a súa dona Corona, unha muller xenerosa e discreta. “A súa historia non é só memoria, é tamén exemplo, exemplo de filantropía verdadeira, de compromiso social, de amor ás raíces, de traballo polo ben común. O seu legado segue presente nas numerosas familias que axudaron, nas institucións que impulsaron e nas obras que hoxe forman parte do noso patrimonio”.

O evento contou tamén coa presenza de representantes da familia Fontán Domínguez, descendentes do matrimonio homenaxeado, así como doutras autoridades locais e veciñanza, que quixeron participar desta emotiva xornada de memoria e cultura.

Este libro é unha ponte entre o pasado e o presente. Por iso, dende o Concello, “celebramos con orgullo esta publicación e reafirmamos o noso desexo de seguir fortalecendo os lazos con Ribadeo, enaltecendo a figura deste matrimonio de filántropos, nun irmandamento que non é só simbólico, senón cheo de contido e de afectos reais”, concluía Lorenzo.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.