O Porriño convoca o I Concurso de Pintura Rápida "Pintando a Palacios"

Como parte das actividades conmemorativas do “Ano Palacios”, con motivo da celebración do centenario da Casa Consistorial e no 150 aniversario do nacemento do arquitecto, o Concello do Porriño organiza un concurso de pintura rápida “Pintando a Palacios” que terá lugar o vindeiro 15 de xuño.

Os participantes deberán pintar in situ algunha das obras que hai na vila do arquitecto porriñés, como o Templete de San Luis, a fonte do Cristo, a Botica Nova ou a Casa Consistorial. Súmase tamén a casa onde naceu Palacios. A técnica de pintura empregada poderá ser óleo, acuarela, carbón, lapis, etc… e o formato non poderá exceder de 100x100 cm.

Poderán participar todas as persoas nadas a partires do 2021 que se anoten no Concello do Porriño ata os luns 10 de xuño ás 14 horas, entregando o formulario de inscrición debidamente cumplimentado, ben sexa vía online ou presencial. A inscrición é totalmente gratuita e os artistas participantes deberán achegar o material necesario para a realización das súas obras.

O Concello dará 3.000 euros en premios

O Concello premiará con 3.000 euros aos gañadores na categoría de “adultos”, os nados no 2006 e con anterioridade: 1.500 euros para o primeiro premio, e 1.000 e 500 euros para o segundo e terceiro premios respectivamente. Pola súa banda, haberá lotes de material escolar valorados en 75, 60 e 50 euros para os tres gañadores das categorías de “mocidade”, os nados en 207-2010, “alevín”, nados en 2011-2016, e “infantil”, nados en 2017-2021.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Cultura, Bienvenido Estévez, animan a toda a cidadanía a participar nesta actividade artística para toda a familia, coa que o Concello pretende darlle toda a visibilidade posible á obra de Antonio Palacios, sobre todo, entre a mocidade.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos