O Porriño avanza coa voz da infancia

Parques renovados, mellora da accesibilidade, actividades inclusivas, zonas verdes e con sombra, carrís bicis, unha piscina ao aire libre e unha biblioteca móbil foron algunhas das propostas presentadas polo alumnado dos centros educativos do municipio nunha sesión plenaria especial

O alcalde Alejandro Lorenzo aseguroulles que “escoitamos todo o que propoñedes; moitas destas ideas xa forman parte do noso traballo diario e outras tomámolas como compromisos para seguir mellorando O Porriño entre todos e conseguir un Concello mais verde, mais sostible, accesible e inclusivo

O Concello conmemora deste xeito o Día Mundial da Infancia, iluminando de cor azul a fachada da Casa Consistorial e apoiando unha carreira contra e leucemia infantil

O Porriño, 20 de novembro de 2025.- O salón de plenos do Concello do Porriño transformouse esta mañá nun espazo diferente: as butacas ocupáronas voces novas, participación activa e moita ilusión por formar parte da vida municipal. No Día Mundial da Infancia, foi o alumnado dos centros escolares quen marcou o rumbo, converténdose en concelleiros e concelleiras por un día para explicar como queren que sexa o Porriño do futuro.

A sesión estivo dirixida polo alcalde Alejandro Lorenzo que explicou que “este pleno infantil é unha mostra de que a participación non ten idade. É unha satisfacción ver tanta implicación na vida do noso municipio”. Como secretaria actuou a concelleira de Educación, Carolina González, e como interventora a concelleira de Infancia, Ana Isabel Alonso, que agradeceron aos escolares e ao seu profesorado a implicación nesta e noutras actividades organizadas dende o Concello. Foron unha vintena de participantes os que se subiron ao estrado, dous estudantes en representación de cada un dos colexios: Budiño, Atios, Santo Tomás, Aceesca, Ribeira, Antonio Palacios, Fernández López  e Hermanos Quiroga e os institutos Ribeira do Louro e Pino Manso. Ao igual que na celebración de calquera outro pleno, as propostas votáronse e, por suposto, contaron co respaldo unánime.

Entre propostas, ilusión e responsabilidade, a rapazada coincidiu, ademais de en melloras nos seus propios centros, en aspectos para mellorar o municipio como pode ser a accesibilidade e inclusión, con máis espazos adaptados, como parques e actividades e campamentos de conciliación onde todos teñan cabida; máis zonas verdes e con sombras; mobilidade sostible a través da creación de carrís bici e liña de transporte que una as zonas rurais co casco urbano; instalacións deportivas e de ocio: canchas de baloncesto, pista de patinaxe e, sobre todo, unha piscina ao aire libre. A creación dun centro xuvenil ou unha biblioteca móbil que percorra tódalas parroquias foron as propostas máis destacada no ámbito cultural, cun novo auditorio e sala de cine, que serán xa pronto unha realidade. Neste aspecto, solicitan actividades interxeracional, poñendo de exemplos sesións de contacontos con avós. Baños públicos, máis iluminación e seguridade con outras das peticións formuladas.

“A vosa voz é imprescindible. Cando a infancia fala, o Concello aprende, mellora e avanza. Hoxe deixástesnos moi claro o Porriño que queredes, e imos seguir traballando nesa dirección.” O alcalde agradeceu a participación e o traballo dos escolares e asegurou que moitas das propostas xa están contempladas en proxectos algúns deles en execución e outros que botarán a andar proximamente, “e o resto quedan anotadas para seguir construíndo, xuntos, O Porriño que queredes. Queremos que saibades que o Concello escoita todo o que propoñedes. Moitas destas ideas xa forman parte do noso traballo diario e outras tomámolas como compromisos para seguir mellorando o Porriño entre todos. O Porriño que construímos hoxe será o voso Porriño mañá e por iso é tan importante escoitarvos. Agradezo a responsabilidade e o cariño con que fixestes cada unha das propostas que hoxe nos presentastes”.

Ademais do Pleno Infantil, o Concello suma dúas accións especiais neste 20 de novembro baixo o lema “Acéndete polos dereitos da infancia”, a iluminación azul da fachada do Concello, como símbolo de apoio aos dereitos da infancia e o apoio dunha carreira solidaria contra la leucemia infantil, organizada polo CEIP da Ribeira en Torneiros.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.