O Porriño aposta pola rehabilitación dos muíños como espazos de encontro e recuperación do patrimonio histórico

O Concello está levando a cabo traballos de mantemento e limpeza tamén nas fontes, lavadoiros e cruceiros distribuídos por tódalas parroquias e que forman parte da identidade do noso rural

O Porriño, 15 de outubro de 2025.- O Concello do Porriño continúa a traballar na recuperación e posta en valor dos muíños de auga repartidos por tódalas súas parroquias. Estas edificacións tradicionais, que durante séculos formaron parte esencial da vida económica e social do rural galego, están a ser rehabilitadas como espazos de encontro veciñal e como parte do patrimonio histórico e etnográfico do municipio, formando parte tamén de rutas de sendeirismo que discorren por diferentes contornas naturais.

"Recuperar os muíños é moito máis ca restaurar pedras, é devolverlle á nosa xente un anaco da súa memoria colectiva. Moitos dos nosos maiores pasaron alí moitas horas do día, non só para moer o gran, senón tamén para conversar, compartir historias e reforzar os lazos da comunidade. Foron auténticos puntos de encontro social. Hoxe queremos que volvan selo: espazos de lecer, de convivencia e de identidade. Esta rehabilitación é unha homenaxe ás xeracións que nos precederon e un legado para ás que veñen”, explica o alcalde Alejandro Lorenzo.

Todos estes muíños non son de titularidade municipal e dende o Concello xa se estivo a realizar un estudo de campo para identificar a eses particulares e así poder tramitar os diferentes convenios, necesarios para acometer estes traballos de mellora. Neste sentido, o alcalde remarca que “dende o Concello debemos contar primeiro coas autorizacións e cesións dos veciños e veciñas propietarias para poder levar a cabo todas estas actuacións, tarefa na que estamos agora traballando”.

O Porriño conta con máis de vinte muíños de auga, agrupados en conxuntos localizados nas distintas parroquias: Mosende, Chenlo, Atios, Budiño, Pontellas, Cans, Torneiros e tamén en Carracido. Dende o Concello queren escoitar tamén as propostas da veciñanza propietaria para levar a cabo esas posibles intervencións, tanto na restauración arquitectónica como na recuperación das súas contornas naturais e, nalgúns casos, incluso a posta en funcionamento para amosar á veciñanza e a turistas a súa función orixinaria, o que suporía un gran descubrimento para os máis novos e gran lembranza para os maiores.

Xunto cos muíños, tamén se están levando a cabo traballos de mantemento e limpeza de fontes, lavadoiros e cruceiros, co obxectivo de conservar e poñer en valor todos aqueles elementos do patrimonio popular que forman parte da identidade do noso rural.

A rehabilitación destes bens representa un firme compromiso do patrimonio histórico e arquitectónico do Porriño e tamén medioambiental, pois ademais de acondicionar a súa contorna constituirán puntos de interese de rutas de sendeirismo que se potenciarán dende o Concello.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.