O Polo de Emprendemento do Porriño promoveu a transmisión de máis de medio cento de negocios

O alcalde Alejandro Lorenzo acompañou á directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, na visita a esta oficina onde coñeceron de primeira man a experiencia dun emprendedor, dos máis de 760 asesorados dende a súa apertura

O Porriño, 19 de agosto de 2025.- Máis de medio cento de proxectos remuda son os que o Polo de Emprendemento do Porriño ten xestionado. Trátase dun servicio que ofrece esta oficina, que dá cobertura a 26 concellos do sur da provincia de Pontevedra, que consiste en poñer en contacto á persoa que dispón dun negocio para traspasar con aquela outra interesada en adquirilo. Esta mañá o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañou á directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, ao Polo situado no casco urbano porriñés, onde coñeceron de primeira man a experiencia dun emprendedor asesorado nesta oficia que asumiu o traspaso dun negocio.

"O emprendemento é unha das principais claves para o futuro económico do Porriño e da nosa comarca. A través do Polo de Emprendemento, estamos a ofrecer ás persoas que desexan iniciar ou continuar un proxecto empresarial as ferramentas e recursos necesarios para garantir o éxito das súas iniciativas. Ademais, co apoio á remuda de negocios, estamos a facilitar a continuidade de moitas empresas que, sen este tipo de servizo, poderían pechar as súas portas, deixando atrás anos de traballo e experiencia”, explica o alcalde Alejandro Lorenzo.

A Bolsa de Remuda de negocios é un servizo dirixido a facilitar a transmisión de empresas ao conectar a persoas interesadas en vender ou alugar a súa empresa con outras dispostas a continuar coa súa actividade. O tecido empresarial galego mostra un alto grao de envellecemento, o que se traduce en numerosos negocios que pecharán en breve as súas portas por falta de persoas emprendedoras que lles dean continuidade. Neste sentido, a rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego ofrece un acompañamento para asesorar, axilizar e facilitar os procesos de remuda ou transmisión de negocios en funcionamento establecidos no territorio galego. Trátase dun escaparate de negocios en remuda dispoñibles para aquelas persoas que buscan comezar un proxecto empresarial consolidado e viable, reducindo os riscos da posta en marcha dun novo negocio.

Outra das liñas de apoio orientada á transmisión de negocios é o Bono Remuda, un dos cinco programas específicos da orde unificada de axudas para persoas traballadoras autónomas, dotada con máis de 40 millóns de euros e aberta ata o 30 de setembro.

O Polo do Porriño é un dos 15 activos en Galicia, tres na provincia de Pontevedra. Dende a súa apertura a finais do ano 2023 foron máis de 760 as persoas emprendedoras atendidas nesta oficina onde predominan os proxectos do sector comercio, servizos e a hostalaría. Das persoas asesoradas nesta oficina, preto do 60% son mulleres e algo máis do 40% homes, das que máis da metade están na franxa de idade de entre 35 e 52 anos a con elas lévanse realizado máis de 1.500 titorías. Por outra banda, neste Polo realizáronse máis de 70 actividades, entre reunións con entidades do territorio, accións de formación e eventos da rede.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.