O obradoiro de emprego "Porremprego Cualifica II" formará a 20 persoas en dúas especialidades con moita demanda

O Concello do Porriño pon en marcha unha segunda edición do seu obradoiro de emprego “Porremprego Cualifica”. Para a súa posta en marcha, a Xunta de Galicia concedeu á entidade local unha subvención de 561.046,6 euros, aos que se sumarán outros 25.000 euros de achega municipal.

Serán un total de 20 persoas desempregadas as que se beneficien desta iniciativa, participando neste programa dual de formación e emprego, pois ademais de adquirir uns coñecementos teóricos e prácticos, tamén cobrarán polos labores desenvolvidos, todas todos eles centrados na realización de obras ou na prestación de servizos de interese xeral e social.

O obradoiro terá unha duración de un ano e impartiranse dúas áreas profesionais: Restauración (con dous certificados de profesionalidade en especialidades de cociña) e Tecnoloxías da xestión da información e comunicación (con dos certificados de profesionalidade en "operacións de grabación de datos e documentos" e a outra en "actividades administrativas na relación co cliente").

Levarase a cabo unha especialidade de servizos de hostalería de cociña destinados aos colectivos máis desfavorecidos, incluíndo servizos de almorzos saudables, xornadas temáticas gastronómicas de portas abertas, participación en eventos e actos diversos.

Por outra banda preténdese a modernización dos procesos administrativos do Concello do Porriño mediante aplicación de novas tecnoloxías. Por iso é polo que se leve ou proxecto de especialidade de tecnoloxía da información e comunicación, así como de economía dixital. Esta é unha especialidade con moita demanda por parte das empresas e tamén entre a mocidade á hora de iniciar a súa carreira profesional.

“Estes obradoiros combinan dúas accións moi importantes para a veciñanza, por unha parte facilitar o acceso ao mercado laboral de persoas desempregadas coa súa capacitación e por outra axudar a aqueles que o necesitan coa oportunidade de traballar durante un ano” , explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.

As persoas interesadas en participar deste obradoiro poden solicitar máis información de maneira presencial nas oficinas de Porremprego, no Multiusos de Torneiros, a través do número de teléfono 986338217 ou ben enviando un email a orientacion@porremprego.org

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos