O mozo Alejandro Gómez reclamou no nome da infancia porriñesa que o Parlamento Galego garanta "a redución das desigualdades"

O mozo porriñés Alejandro Gómez Granja reclamou ao Parlamento de Galicia que "os grupos políticos tomen todas as medidas necesarias para garantir a redución das desigualdades e na procura de cidades e comunidades sustentables".

Alejandro, alumno do IES Ribeira do Louro, falou hoxe como voceiro no nome do Consello Municipal da Infancia e Adolescencia do Porriño, na sesión telemática celebrada polo Parlamento de Galicia coa ocasión do VIII Foro Infantil que organizaron Unicef Galicia e a Cámara Autonómica. Miguel Santalices, titular del Parlamento, presidiu a sesión que contou tamén coa participación de Myriam Garabito, presidenta de UNICEF, dos tres grupos políticos da Cámara e da Conselleira de Política Social, Fabiola García

A concelleira de Educación do Porriño, Lourdes Moure que seguiu dende o seu despacho a sesión e nomeadamente a intervención do representante da infancia e mocidade local expresou a súa "satisfacción polo papel que por terceiro ano consecutivo os nenos e nenas porriñeses tiveran a oportunidade de expoñer directamente as súas opinións ante os deputados do Parlamento de Galicia". Moure Varela lembrou que o vindeiro venres 20, O Porriño celebrará o pleno infantil coa ocasión de celebrase o Día Mundial dos Dereitos da Infancia. Polas actuais circunstancias sanitarias, a sesión será telemática de xeito que os alumnos e alumnas que intervirán como voceiros, o farán dende os seus respectivos centros docentes. A alcaldesa Eva García e a concelleira de Educación tamén participaran en liña. A sesión comezará ás 10,30 horas.

NOVAS / CONCELLO
CARTEL INFORMATIVO.jpg
O Porriño convértese no aliado das familias esta Semana Santa con campamentos e obradoiros
Ao campamento de Semana Santa súmase o obradoiro de programación e tecnoloxía
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.