O II Concurso de Postais de Nadal do Porriño xa ten gañadoras/es

A segunda edición do Concurso de Postais de Nadal do Porriño xa ten gañadores. O xurado, presidido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, e formado pola concelleira de Educación e Normalización Lingüística, Carolina González, o concelleiro de Cultura, Bienvenido Estévez, a técnico de normalización lingüística, Andrea González, e o deseñador gráfico e publicista, Juancho, ditaminou hoxe por unanimidade outorgar os premios ás seguintes gañadoras/es en cada categoría:

Categoría 1: de 3 a 6 anos. O 1º premio é para Uxía Rodríguez Mouriño (3 anos), o 2º é para Uxía Pérez Alonso (3 anos) e o 3º para  Alba Saavedra Ferreira (6 anos)

Categoría 2: de 7 a 11 anos. O 1º premio é para Eva Vila Comesaña (7 anos), o 2º é para Aldara Pereira (9 anos) e o 3º é para Roberto (9 anos)

Categoría 3: de 12 a 14 anos. Dado que só se presentaron dúas postais nesta categoría outórganse dous premios iguais ás dúas persoas participantes. Un deles a Alberto Francisco Machado (12 anos) e o outro a Noemi Martíns de Jesús (12 anos)

O xurado acordou tamén, por unanimidade, conceder un accésit dentro da categoría 2 a Manuel (7 anos).

Lembramos que o acto de entrega dos premios terá lugar o martes 3 de xaneiro de 2023 ás 17 h no Centro Cultural Municipal.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos