O Conselleiro de Sanidade atende a queixa de Porriño e cita á alcaldesa para falar do Centro de Saúde.

Jesús Vázquez Almuiña, conselleiro de Sanidade atende a queixa recente formulada polo Concello de Porriño por unha descortesía institucional cos representantes dos veciños. En consecuencia o gabinete do Conselleiro comunicou hoxe ó Concello de Porriño que cita á alcaldesa Eva García de la Torre o vindeiro martes 3 de setembro ás 11 horas, para que acuda a Santiago a firmar, de novo, o convenio de cesión da parcela para ampliar o Centro de Saúde.

O antedito convenio fora firmado hai case unha década polo anterior alcalde Nelson Santos. E logo foi ratificado pola actual alcaldesa e remitido a Santiago durante o pasado mandato.

O Concello de Porriño manifestou a pasada semana a súa queixa por non ter recibida información alguna do Conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuiña nin do seu staff sobre a licitación anuncíada da redacción do proxecto anunciada hai uns días polo Sergas a través dunha nota de prensa. Ó respecto a alcaldesa declarou que “tratase dun novo xesto censurable por parte de esa Consellería” e reclamou que o señor Vázquez Almuiña puxerase en contacto con esta alcaldesa "para explicarnos ós pormenores da licitación, do proxecto e dos prazos", extremo que finalmente vai atender o Conselleiro de Sanidade.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos