O Concello prepara a venta dos vehículos retirados do parque móbil municipal

O Concello do Porriño está a elaborar o expediente para vender os 26 vehículos que formaban parte do parque móbil municipal, cunha antigüidade media de 20 anos que veñen de ser retirados.

Serán vendidos un por un, cun prezo mínimo de partida. As ofertas deberán facerse en sobre pechado no prazo que se determine. Os sobres coas plicas serán abertos e coñecidos nun acto público  no salón de plenos do Concello na data que se determine.

A través de esta páxina web do Concello se dará coñecemento do estado, características e prezo mínimo de cada un dos vehículos para que os interesados dispoñan de información.

Os vehículos retirados atopanse nun recinto municipal onde poderán ser vistos polos interesados nas datas que se estipulen no prego que está a prepararse.

Entre os vehículos retirados que serán vendidos figuran un “Volvo 580” comprado polo Concello do Porriño e matriculado en 2002 (con José Manuel Barros de alcalde), así como diversas furgonetas C-15, Citroen Berlingo, Peugeot Partner con 23, 25 e 27 anos de uso ata vehículos da Policía Local como un “Land Rover Freelander”, un “Nissan Almera” ou un “Peugeot 607” de 2.900 centímetros cúbicos, matrículado hai 17 anos que xa estaban fora de uso.

Os vellos vehículos foron retirados o pasado 8 de outubro, data na que se entregaron os 25 novos que se incorporan mediante “renting”.

Segundo informouse hai días, o Concello do Porriño licitou a renovación total do parque móbil do Concello para garantir a seguridade dos vehículos e dos traballadores municipais empregando criterios de eficiencia enerxética e aforro do gasto público.Deste xeito determinouse un prego de condicións para renovar mediante concurso público que se iniciou con data 26 de marzo deste ano e rematou en setembro.Na licitación estableceronse cinco lotes. Presentaronse un total de seis empresas, ningunha delas de Porriño. Eran da provincia de Pontevedra, doutras provincias galegas e tamén había firmas doutras comunidades autónomas.Catro lotes foron gañados por “GrupiVazgle”, de Lugo e o restante pola firma “Rodosa”, de Vigo.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos