O Concello entregou 250 "routers" e tarxetas de conexión para reducir a brecha dixital entre os escolares do Porriño

Hoxe a concelleira de Educación, Lourdes Moure convocou e fixo entrega aos directores dos centros docentes, dos routers e tarxetas para que os alumnos que carecen de conexión a Internet, poidan seguir as clases en igualdade de condicións co restos dos seus compañeiros.Unha vez dimensionadas as necesidades por cada centro de ensino, o Concello tivo que adquirir 250 routers e outras tantas tarxetas de conexión (“pinchos” ou “pen drives”) de 60 GB.

A partir de mañá , serán citados os pais e nais de alumnos en cada centro docente. Co apoio da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, realizarase a entrega que será en depósito. O reparto por centros e o seguinte: o martes corresponderá a Aceesca, 7; Fernández Lopez, 42; Hermanos Quiroga, 8; CEIP Atios, 23 e Cruz Budiño, 15. O mércores entregaranse os 38 necesarios para lumnos do CEIP Antonio Palacios; 30 para o CEIP da Ribeira; no Santo Tomás, 11 e 60 routers e tarxetas para alumnos do IES Ribeira do Louro. Finalmente, o xoves serán citados os pais e nais de 15 alumnos do IES Pino Manso que recibirán routers e tarxetas para conectarse ás clases por internet.

As tarxetas só terán vixencia durante tres meses. Os routers deberán ser devoltos ao Concello onde permanecerán en depósito en previsión de que por un rebrote fose necesario un novo préstamo. O custe final desta actuación para reducir a brecha dixital é aproximadamente de 20.000 euros. A adquisición dos routers á empresa “TCR Datos Norte” importa 11.700 máis IVE namentres as tarxetas implicaron un gasto de 6.800 (IVE incluído) á operadora “Vodafone” que doa a metade das mesmas.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos