O Concello do Porriño súmase á iniciativa solidaria #GivingTuesday

O vindeiro martes 3 de decembro, Porriño súma á iniciativa solidaria #GivingTuesday (Martes para Dar). Esta foi unha das propostas aprobadas polos nenos, nenas e adolescentes do consello municipal de infancia no último pleno infantil celebrado o pasado 15 de novembro e organizado pola Concellería de Educación e a OMIX do Concello.

Trátase dunha iniciativa que nace como alternativa ao Black Friday ou o Cyber Monday, que promoven o consumismo.

O #GivingTuesday é un movemento global que quere incentivar e multiplicar as boas accións das persoas. O obxectivo é dedicar un día en todo el mundo (este ano será o martes 3 de decembro), para celebrar a acción de dar, xa sexan alimentos, diñeiro, tempo (voluntariado), obxectos de segunda man...

No caso de O Porrilño, o acordo adoptado polo pleno infantil determinou que co apoio do Concello, os nenos/as realizarán unha actividade que denominaron “Alimentos para todos” e que pretende recoller o maior número de alimentos posibles para a súa posterior distribución entre as familias da vila con menores recursos.

A actividade central de recollida durante o martes 3 realizarase fundamentalmente en colaboración cos centros escolares, nos que se instalarán os puntos de recollida, inda que tamén se instalarán no propio consistorio, na biblioteca e no pavillón municipal.

Dende o Concello convidamos a todos os veciños e veciñas a participar neste día para DAR,

Recomendamos que os productos sexan non perecedoiros coma aceite, galletas, legumes, leite e alimentos infantís, así como tamén conservas ou outros precociñados como fabada, garavanzos, lentellas, albóndegas,...e que se entreguen nalgun dos puntos de recollida.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos