O Concello do Porriño solidarízase cos veciños e concellos afectados polos incendios en Ourense

Desprazáronse un operario municipal, tres axentes da Policía Local, dous voluntarios de Protección Civil e mobilizáronse dous camións municipais

Esta colaboración municipal realízase en coordinación coa Xunta de Galicia e cos alcaldes e alcaldesas da zona afectada

O Porriño, 18 de agosto de 2025.– O Concello do Porriño leva varios días mobilizando recursos humanos e materiais municipais para colaborar na loita contra os incendios forestais que están a afectar diferentes zonas da provincia de Ourense.

O operativo do Porriño está presente en varias zonas afectadas polos lumes, entre elas a contorna do Concello de Melón, traballando en coordinación cos equipos locais e contribuíndo ás tarefas de control e extinción dos incendios. Os nosos efectivos están a actuar tamén en coordinación co CECOPI (Centro de Coordinación Operativa Integrado), unha instancia que se activa en situacións de emerxencia de interese supraautonómico e que integra os mandos das administracións estatal e autonómica para garantir unha resposta conxunta, eficaz e coordinada ante este tipo de crises.

Ata o de agora, desprazáronse ás áreas afectadas catro membros do persoal municipal —un operario e tres axentes da Policía Local—, así como dous voluntarios de Protección Civil. Ademais, puxéronse a disposición vehículos e camións municipais, co obxectivo de apoiar os labores de extinción e protección dos núcleos de poboación.

Esta colaboración realízase en coordinación coa Xunta de Galicia e en contacto directo cos alcaldes e alcaldesas dos concellos afectados, aos que se lles está a ofrecer apoio constante.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, afirma: "Estamos totalmente comprometidos coa defensa do noso territorio e coa solidariedade cos concellos afectados por estes incendios. Desde o primeiro momento puxemos a disposición todos os recursos municipais para colaborar na extinción e protección das zonas afectadas. Seguiremos a disposición de calquera concello da provincia de Ourense que precise a nosa axuda, dentro da nosa dispoñibilidade e en coordinación co CECOPI e coa Xunta.”

Desde o Concello do Porriño reiteramos a nosa disposición a continuar colaborando con calquera concello que precise a nosa axuda e se poña en contacto connosco, como sempre fixemos.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.