O Concello do Porriño reforzará o seu cadro de persoal coa incorporación de xente moza

Solicita unha subvención para a contratación de seis persoas menores de 30 anos que reforzarán durante nove meses diferentes departamentos municipais

O Porriño, 8 de outubro de 2025.- O Concello do Porriño vén de solicitar dous postos de técnico administrativo, un xornalista, un orientador, un técnico de información turística e un enxeñeiro técnico en construción e obra civil, ao abeiro dunha subvención da Xunta de Galicia destinada á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

O alcalde Alejandro Lorenzo explica que “desde o Concello seguimos apostando polo futuro da nosa mocidade. Esta iniciativa é unha oportunidade para que mozas e mozos do noso municipio teñan a posibilidade de adquirir experiencia laboral real e mellorar a súa empregabilidade. Sabemos que a entrada no mercado laboral é un dos maiores retos para a xente nova e dende a administración local queremos ser parte da solución, ofrecendo oportunidades e acompañamento. Agardamos que a solicitude se vexa apoiada e poidamos contar con estes perfís profesionais no Concello durante os vindeiros meses".

As persoas que poden optar a estes postos son menores de 30 anos, que figuren como desempregadas na Oficina de Emprego e estean inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil. Con todo, para obter máis información poden achegarse a Porremprego, onde recibirán asesoramento ao respecto.

Esta convocatoria ten por finalidade mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas, menores de 30 anos, que non estudan nin traballan, mediante a prestación de servizos que lles posibiliten ás persoas participantes realizar un traballo efectivo, durante un período de nove meses, que lles procure unha práctica profesional necesaria para a súa integración sustentable no mercado de traballo.

En definitiva, esta iniciativa supón un paso importante na loita contra o desemprego xuvenil e na promoción do talento local. A incorporación de persoas mozas aos distintos departamentos do Concello do Porriño non só lles permitirá gañar experiencia e mellorar a súa empregabilidade, senón que tamén contribuirá a dinamizar e reforzar os servizos municipais, beneficiando así ao conxunto da cidadanía.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.