O Concello do Porriño recibe aos gañadores do Campionato Ibérico de Kung Fu

O alcalde Alejandro Lorenzo felicitou aos deportistas do Club León&Fam-Carrera que gañaron na categoría infantil de cinto verde, subíndose tamén ao podio noutras modalidades e categorías

O Porriño, 10 de setembro de 2025.- Félix Mosquera Rodríguez, Sabela Mosquera Rodríguez, Ian Ríos Rodríguez, Irene Fernández Gómez, My Ngoc Rodríguez Álvarez, Daniela Campo Jorge, Nerea Bouzós Refojos, Marco Furlaneto Avendaño e Bruno Silva Martínez, xunto co seu adestrador Enrique Carrera, foron recibidos esta tarde no Concello do Porriño polo alcalde Alejandro Lorenzo en recoñecemento dos éxitos acadados na última tempada.

Este grupo de deportistas do Club León&Fam-Carrera colleitou grandes resultados no XI Campionato Ibérico de Kung Fu Moderno e Tradicional. O equipo formado por Félix, Sabela e Ian gañou a categoría de cinto verde infantil; en parellas, Marco e Irene acadaron a prata en junior cinto marrón e My Ngoc e Daniela o bronce en senior cinto negro; e en individual, Irene e Marco lograron tamén ser subcampións

A todo isto engádense outros primeiros e terceiros postos conseguidos na III Copa de Galicia de Kung Fu por Sabela, Bruno, Irene, Nerea, My Ngoc e Daniela e tamén no XIX Campionato Galego Escolar Individual de Kung Fu, logrando o ouro Sabela e o bronce My Ngoc.

"É unha enorme satisfacción para min, como alcalde do Porriño, recibir a estes mozos e mozas que, con tanto esforzo e dedicación, están levando o nome do noso concello ao máis alto no mundo do Kung Fu. Sodes un exemplo de superación, constancia e compromiso, e este recoñecemento é máis que merecido. Desde o Concello seguiremos apoiando ao deporte base e aos clubs locais, porque cremos no talento que temos na nosa vila", sinalou Lorenzo.

Estes resultados non só reflicten o alto nivel deportivo do Club León&Fam-Carrera, senón tamén o compromiso do Porriño co apoio ao deporte local e á formación de novos talentos. O éxito destes deportistas é motivo de orgullo para todo o Concello e un estímulo para continuar fomentando valores como o compañeirismo, a disciplina e a superación a través do deporte.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.