O Concello do Porriño e o Círculo de Bellas Artes de Madrid lanzan unha plataforma web dedicada á figura do arquitecto Antonio Palacios

‘Atlas Palacios 2024-2026’: un proxecto innovador para difundir o patrimonio cultural do Porriño a través das novas tecnoloxías

O Porriño, 15 de agosto de 2025. – O Concello do Porriño vén de estrear unha nova ferramenta dixital, froito do convenio de colaboración asinado coa prestixiosa institución cultural Círculo de Bellas Artes de Madrid, unha das entidades culturais máis relevantes a nivel europeo. A iniciativa dá lugar a un apartado monográfico dedicado ao Porriño dentro do proxecto ‘Atlas Palacios 2024-2026’, xa dispoñible na seguinte ligazón: https://atlaspalacios.com/gl/oporrinomateriaememoria/

Este novo espazo dixital supón o primeiro froito do convenio institucional e sitúa ao Porriño como protagonista dunha proposta cultural vangardista que busca revitalizar o legado de Antonio Palacios a través dunha visión contemporánea, innovadora e sostida polas posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías.

Dirixido polo investigador e cineasta galego José Manuel Mouriño, o proxecto foi recentemente recoñecido polo Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea como unha das mellores iniciativas culturais presentes en Internet. O seu enfoque multiformato articúlase en tres liñas principais de acción: unha plataforma web en constante evolución, propostas expositivas e instalacións audiovisuais in situ, así como a edición final dun ensaio audiovisual que recompila os resultados do proceso.

Un diálogo entre Galicia e Madrid a través da figura de Antonio Palacios

O convenio entre o Concello do Porriño e o Círculo de Bellas Artes fortalece o diálogo cultural entre Galicia e Madrid, proxectando internacionalmente tanto a figura do arquitecto como o propio municipio. Non debe esquecerse que a sede do Círculo de Bellas Artes —na emblemática rúa Alcalá de Madrid— foi deseñada polo propio Antonio Palacios, constituíndo un dos edificios máis representativos da súa traxectoria.

Esta alianza institucional busca tamén visibilizar a raíz galega da obra de Palacios, subliñando como os elementos materiais e simbólicos da súa terra natal están presentes ao longo de toda a súa produción arquitectónica. Cabe destacar que a Sala Palacios converterase nun eixo fundamental para o desenvolvemento do proxecto.

Na nova plataforma poden explorarse centos de bosquexos e debuxos orixinais do arquitecto, dixitalizados a partir dos cadernos conservados no arquivo municipal do Porriño. Trátase dun fondo documental de alto valor histórico, agora accesible ao público grazas á colaboración institucional.Ademais, o espazo dixital ofrece diversas aproximacións á cidade natal de Palacios desde unha perspectiva simbólica e poética. O Porriño preséntase como un lugar de orixe e de materia, clave na configuración do seu estilo arquitectónico, onde o uso do granito e da pedra local non só define a súa linguaxe construtiva, senón que tamén traza pontes entre Galicia e a “Paisaxe da Luz” madrileña, patrimonio da UNESCO.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destaca: “Este proxecto supón un orgullo para o Porriño e unha oportunidade única para poñer en valor o legado dun dos nosos fillos máis ilustres, Antonio Palacios. A colaboración co Círculo de Bellas Artes de Madrid, unha institución de referencia nacional e internacional, reforza o noso compromiso coa cultura e o patrimonio. Estou seguro de que ‘Atlas Palacios 2024-2026’ abrirá novas vías para que tanto veciños como visitantes descubran e aprecien a riqueza arquitectónica e histórica do noso municipio.”

Con esta iniciativa, o Concello do Porriño reafirma o seu compromiso coa promoción da cultura e a recuperación do seu patrimonio artístico, apostando pola innovación e a cooperación institucional como ferramentas para difundir a riqueza histórica da vila e do seu fillo máis universal.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.