O Concello do Porriño dispón de máis de 328.000 euros en axudas para a rehabilitación de vivendas en Torneiros

• A convocatoria permanece aberta ata o 31 de xaneiro de 2026 e está dirixida a comunidades e veciñanza que queiran mellorar a eficiencia enerxética das súas vivendas• O importe total das axudas ascende a preto de 1 millón de euros

O Porriño, 20 de decembro de 2025.- O Concello do Porriño informa de que continúa aberta a convocatoria de axudas para a rehabilitación residencial na contorna residencial de rehabilitación programada (ERRP) de Torneiros, financiada a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e que aínda quedan dispoñibles 328.164,97 euros na bolsa de subvencións para novas solicitudes.

Ata o de agora, dos 872.425,00 euros destinados á rehabilitación de vivendas, foron adxudicados 544.260,03 euros, correspondentes a tres actuacións, o que supón un 62,38 % dos fondos totais desta liña de axudas. Un cuarto decreto de adxudicación, non foi aceptado pola comunidade beneficiaria, polo que ese importe engrosa a bolsa e ponse a disposicións de futuras concesións.

Ademais das axudas á rehabilitación de edificios residenciais, o Concello do Porriño prevé investir arredor de 102.000 euros na mellora e urbanización da contorna, reforzando así unha intervención integral en Torneiros orientada á súa humanización e revitalización que se complementará con outros proxectos futuros de mellora anunciados xa nas últimas semanas, e que se enmarcan no Plan Extra de Deputación e no PAI beneficiario de fondos europeos.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, salientou que “aínda hai unha cantidade moi importante de fondos dispoñibles e queremos que cheguen directamente á veciñanza. Esta convocatoria é unha oportunidade real para mellorar as vivendas, reducir o consumo enerxético e revalorizar os edificios”.O rexedor engadiu que “o Concello está a acompañar a todas as comunidades durante todo o proceso, que foron notificadas, ofrecendo o asesoramento técnico e xurídico que precisen para facilitar a tramitación das solicitudes e garantir que ninguén quede fóra por falta de información”.

O prazo para solicitar estas axudas permanece aberto ata o 31 de xaneiro de 2026, polo que desde o Concello anímase ás comunidades de veciños de Torneiros a informarse e presentar solicitudes. Para iso, están á súa disposición os servizos técnicos e xurídicos municipais e a Oficina Municipal de Vivenda, que ofrecen atención personalizada durante todo o proceso.

“O noso obxectivo é claro: aproveitar o 100 % dos fondos dispoñibles e seguir transformando Torneiros nun zona máis eficiente, accesible e con maior calidade de vida”, concluíu Alejandro Lorenzo.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.