O Concello do Porriño acondiciona cinco camiños nas parroquias Torneiros, Mosende e Pontellas

Esta mañá comezaba o asfaltado nun deles co que se pecha un proxecto de máis de 177.000 euros que terá continuidade con novas actuacións para a mellora da seguridade viaria

O Porriño, 27 de agosto de 2025.- O Concello do Porriño rematará nestes días un proxecto de camiños municipais que supuxo unha inversión de máis de 177.000 euros no que se inclúen diversos viarios nas parroquias de Torneiros, Mosende e Pontellas. Precisamente esta mañá o alcalde Alejandro Lorenzo visitou os traballos de asfaltado nun deles, no lugar de Casal de Vello, que se prolongarán ao longo do día de hoxe e mañá. O principal obxectivo é a reposición do firme para unha mellora da seguridade viaria, así “estas obras responden á necesidade de manter en bo estado a extensa rede de camiños municipais que temos no Porriño, moitos deles con gran tránsito diario. Non se trata só de mellorar a comodidade dos desprazamentos, senón tamén de garantir a seguridade de todas as persoas usuarias, peóns e condutores, e dar resposta ás demandas da veciñanza, que levaba tempo reclamando estas melloras", sinalou o rexedor.

E por iso que este é un máis dos diferentes proxectos que ten levado e seguirá levando a cabo o goberno local centrado na mellora dos numerosos viarios municipais existentes, tanto no centro urbano como, sobre todo, na zona rural das diferentes parroquias. O alcalde mantense na premisa sostida dende o inicio do seu mandato e fai fincapé en que “é moi importante que a veciñanza que paga os seus impostos teña cubertos os servizos básicos e esenciais como pode ser o saneamento, a recollida do lixo e tamén este de mantemento das infraestruturas viarias. Sempre o foi e seguirá sendo unha das nosas prioridades ao fronte do goberno municipal”, remarca.

Neste proxecto en concreto contémplanse cinco actuacións, unha no lugar da Louriña, no viario que une Mosende e Pontellas e outras catro en Torneiros: unha entre as estradas EP-2401 e PO-331, outra na intersección na súa parte sur coa mesma estrada provincial 2401, en dúas zonas destinadas a aparcamentos nos polígonos I e II e a do lugar de Casal Vello a onde hoxe se desprazou o alcalde.

En todas elas leváronse a cabo actuacións previas de limpeza e desbroce, tamén movementos de terras, rehabilitación de firmes e pavimentos, traballos de drenaxe, colocación da sinalización horizontal e nalgún caso incluso a execución dun tramo de beirarrúa e ampliación de zona destinada ao estacionamento de vehículos

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.